Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Catoira
Parroquia: Catoira (San Miguel)
Lugar: O Outeiriño
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro que se ergue sobre unha plataforma cuadrangular de catro chanzos irregulares e unha base de forma cúbica, coa parte superior rebaixada. Sobre ela apóiase o varal, de sección cadrada na parte inferior e octogonal na superior.

O capitel, de sección cadrada, presenta os catro lados curvos, volutas nos esquinais e cabezas esculpidas no centro de cada lado.

O conxunto remata nunha cruz de sección cilíndrica, de aspecto leñoso con nós. Nela aparecen representadas as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e da Virxe María, no reverso, coas mans cruzadas sobre o peito e cuberta por un manto. Esta última figura érguese sobre unha peaña con forma de cabeza de anxo.

Na parte posterior do cruceiro tamén se pode ver unha mesa pousadoiro.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

REFERENCIAS WEB
https://cruceirosdegalicia.xyz/3601005.html
https://www.obaixoulla.gal/elementos/catoira/elementos-relixiosos/cruceiro-do-outerino

REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao (2008). Cruces, cruceiros e petos do concello de Catoira (Historia dun concello). Ed: Asociación galega para a cultura e a ecoloxía (AGCE).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.66561988909
Lonxitude: -8.7231616112198
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84