
Outra fotografía:
Tipo de ben: Alpendres e edificios auxiliares,
Concello: Catoira
Parroquia: Catoira (San Miguel)
Lugar: A Telleira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
O que podemos ver aquí e unha edificación de planta rectangular e cuberta con tella curva do país a catro augas. A fachada principal presenta unha porta no centro do pano que, segundo podemos ler na bibliografía consultada, conserva un rótulo coa seguinte inscrición:
“BALNEARIO LAXINIAS
CATOIRA”.
A mesma bibliografía fai a seguinte descrición do seu interior:
“No interior, a entrada conduce a un vestíbulo do que parten dous corredores laterais simétricos que daban acceso ás salas dos baños. Fronte á porta principal, tras o antigo mostrador de recepción, atópase un espazo de planta aproximadamente semicircular, semellante a unha exedra, que sobresae da fachada posterior e conta con tres xanelas de guillotina orientadas cara ao río Ulla. Probablemente funcionaba como sala de espera. Nas antigas salas de baño consérvanse unicamente os muros de apoio das bañeiras e os pequenos asentos de fábrica, mentres que nos extremos dos corredores se atopaban os cuartos de aseo. O corredor dereito tamén daba acceso ao cuarto da caldeira.
O balneario pechou na segunda metade do século pasado, sufrindo un progresivo deterioro e numerosos actos vandálicos.
No ano 1991 o o Concello de Catoira tentou adquirir o complexo nun novo intento de recuperalo.
As primeiras referencias documentais destas augas son do ano 1772.
No 1907 foron declaradas de utilidade pública, e as súas propiedades medicinais foron recoñecidas oficialmente en 1928.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen usoOutros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Hoxe en día a edificación atópase no interior dunha nave industrial.
Referencias bibliográficas:
REFERENCIAS WEB
https://www.obaixoulla.gal/elementos/catoira/arquitectura-civil/balneario-laxinias
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.670880088911Lonxitude: -8.7276486115616
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




