
Outra fotografía:
Tipo de ben: Ermida,
Concello: Muras
Parroquia: Muras (San Pedro)
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Pequena edificación na loma dun outeiro feita en cachotaría irregular, de planta rectangular e cuberta de xisto a dúas augas.
A fachada principal presenta porta lintelada e unha espadana dun so oco que remata cunha pequena cruz de pedra.
Aínda que non se coñece o ano da súa feitura, existen documentos do ano 1700 que rexistran unha visita do Bispo de Mondoñedo a esta capela, así como referencias a diferentes reformas que sufríu a ermida, a máis antiga datada no ano 1791.
Ao seu carón podemos ver tamén un cruceiro (https://patrimoniogalego.net/index.php/122458/2026/10/cruceiro-da-ermida-de-santo-antonio-da-xestosa/).
Un pouco máis abaixo, ao carón da estrada, atópase o lugar onde no mes de xuño se celebra unha famosa romaria, cun pequeno palco da Música.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/MURAS/documents/0681ca001.pdf (ficha 143 – páxina 20 e 21)
https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/220726000791/ermida-de-santo-antonio-da-xestosa?langId=es_ES&tp=8&ctre=31
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.492057005567Lonxitude: -7.6666250966965
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




