Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Muras
Parroquia: Muras (San Pedro)
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Ao carón da ermida de Santo Antonio da Xestosa (https://patrimoniogalego.net/index.php/122454/2026/10/ermida-de-santo-antonio-da-xestosa/) podemos contemplar este fermoso cruceiro que nace sobre unha plataforma de sección cadrada. Por riba dela, e xusto antes da base, existe un pequeno chanzo de sección cadrada.
A súa base troncopiramidal soporta un varal que comeza e remata en sección cadrada. A parte central posúe os esquinais rebaixados. Nela existe relevos moi desgastados cós símbolos da Paixón dos que unicamente se conservan unha espada e unha escada.
O capitel, de forma troncopiramidal invertida e decorado con volutas e cabezas de anxos alados, da paso a unha cruz coa imaxe de Cristo crucificado no anverso, e a Virxe cunha cruz cravada no peito no reverso

Segundo a bibliografía consultada, “hoxe pertenece aos descendentes de Francisca Puentes Carballeira, que foi a dona que o mandou realizar”.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

REFERENCIA WEB
https://cruceirosdegalicia.xyz/270330510.html

REFERENCIA BIBLIOGRÁFICA
ARRIBAS ARIAS, Fernando, BLANCO PRADO, José Manuel E saavedra pérez, Mario. (2009). Cruceiros, Cristos e Cruces de Muras. Ed: Instituto de Estudios Chairegos. (en liña: https://galiciaencantada.com/archivos/docs/Muras.pdf)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.492147304292
Lonxitude: -7.6666891798625
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84