
Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Muras
Parroquia: Muras (San Pedro)
Lugar: O Coto
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro que nace sobre dous chanzos de sección cadrada. A sua base posúe unha parte en sección cadrada e continúa en sección tronco-piramidal.
A continuación o varal de sección cadrada nos extremos e coas arestas rebaixadas no centro. Nesta parte central destacan os relevos da Paixón: dous cravos, un cravo, un martelo, unhas tenaces, unha espada e unha escada.
O conxunto continúa cun capitel tronco-piramidal invertido decorado con volutas e cabezas de querubíns.
Na nosa vista ao lugar, a cruz e a práctica totalidade dos elementos se atopaban esnaquizados e tirado nos chan.
A bibliografía consultada nos proporciona unha descrición da mesma:
“O conxunto remata nunha cruz latina, de sección cuadrangular nos extremos e coas arestas achafranadas no resto; mostra ademaís un tipo de cruz florenzada nos extremos dos brazos e da cabeceira. O anverso da cruz amosa, baixo unha cartela, unha imaxe cristolóxica , acompañada hai anos por dous santiños: un, xa desaparecido; e, ao outro faltalle a cabeza.
A efixie de Cristo mostra os seguintes trazos: unha coroa de espiñas na cabeza, inclinada ao lado dereito; os seus brazos están estendidos ao longo da cruz, formando unha lixeira “V”, mais separados dela ao igual que a cabeza, o lombo e as pernas; as súas mans aparecen abertas; o perizoma está anoado ao lado dereito; e as pernas,
lixeiramente flexionadas, amosan o pé dereito sobre o esquerdo e ambos os dous sobre unha caveira. O reverso
mostra a imaxe dunha advocación mariana, vestida cunha túnica e manto e coas mans cruzadas sobre o ventre.
Esta mesma bibliografía di que, “este cruceiro mandouno construir Dª. Francisca Puentes Carballeira(…). Actualmente, pertence aos seus herdeiros”.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
REFERENCIA WEB
https://cruceirosdegalicia.xyz/270330506.html
REFERENCIA BIBLIOGRÁFICA
ARRIBAS ARIAS, Fernando, BLANCO PRADO, José Manuel E saavedra pérez, Mario. (2009). Cruceiros, Cristos e Cruces de Muras. Ed: Instituto de Estudios Chairegos. (en liña: https://galiciaencantada.com/archivos/docs/Muras.pdf)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
As partes esnaquizadas da cruz atópanse espalladas ao pé do cruceiro.
Onde está localizado
Latitude: 43.491224421935Lonxitude: -7.6720701953912
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




