Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Ourol
Parroquia: Ourol (Santa María)
Lugar: Mosende
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Cruceiro do ano 1898 que nace sobre unha base que comeza en sección cadrada e segue en sección tronco piramidal.
O seu varal, de sección cadrada coas arestas finamente rebaixadas, presenta unha colección de relevos que mostran os símbolos da Paixón: escada, martelo, tenaces.
O capitel, de sección tronco piramidal ivertida, posúe decoración de volutas nos esquinais e anxos alados nos catro lados.
O conxunto remata cunha cruz de sección cilíndrica na que aparece a imaxe de Cristo crucificado baixo cartela de INRI acompañado de dúas imaxes aos lados.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:

A bibliografía consultada di que: “este cruceiro está esculpido por Los Carboeira en colaboración con Francisco Veiga Ferreiro, O Pena”.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

REFERENCIAS WEB
https://cruceirosdegalicia.xyz/270380501.html

REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS
SAAVEDRA PÉREZ, Mario. (2020). Cruceiros, Cristos e monumentos do Concello de Ourol. Ed: Concello de Ourol.
VÁZQUEZ PERNAS, Anxo. (2024). A Imaxinería nos cemiterios de Ourol (dous canteiros). Ed: Concello de Ourol.

REFERENCIAS DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.544811076439
Lonxitude: -7.6537578158177
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84