Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Boiro
Parroquia: Abanqueiro (San Cristovo)
Lugar: San Martiño
Outra denominación do ben: Pazo de Torrado Fuciños
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O conxunto do pazo de Agüeiros atópase dentro dun recinto amurallado, ao que se accede a través dun portón señorial situado á beira dunha antiga corredoira. Sobre este acceso destacan os elementos heráldicos dos actuais propietarios.
O edificio orixinal foi mandado construír no ano 1585 por Gómez Ares Mosquera, señor do couto de San Martiño de Abanqueiro e vinculado aos marqueses de Bendaña. Posteriormente, o pazo pertenceu á familia Piñeiro e foi reedificado en gran parte en 1879 polos condes de Canillas, que conservaron algúns elementos da construción primitiva, entre eles os antigos escudos heráldicos e unha inscrición que lembra a primeira edificación. Na actualidade, o inmoble é propiedade da familia González de Blanco.

A arquitectura do pazo caracterízase polos seus con muros recebados e branquexados, fiestras e unha balconada central con vistas á praia. A parte máis antiga e histórica corresponde á da esquerda, na que destacan os elementos heráldicos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

O pazo está rodeado dunha gran zona axardinada. Destaca a súa senda empedrada flanqueada por árbores como camelias e palmeiras.
Outros elementos adxectivos do xardín son as fontes, un muíño e, na beira da ribeira, un pequeno peirao.

O portalón de aceso á propiedade posúe un escudo coas armas de D. Roberto González del Blanco, quen coloca o seu
escudo (escudo dobre, con dúas columnas brasonadas a ambos lados do mesmo) no portón da
entrada da finca.
Nado en León no ano 1887 foi unha figura de relevancia nas décadas centrais do século XX como pintor de temas costumistas e naturalistas.

Tamén existen outros dous escudos na fachada do pazo.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

REFERENCIAS WEB
PXOM CONCELLO DE BOIRO https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/BOIRO/documents/0070ca003.pdf (ficha 16 – páxina 1)
https://amtegabox.xunta.gal/index.php/s/EKobYfe6KrDaEj7?dir=undefined&openfile=76101860 (ficha 55_019 // páxina 20)
https://www.xenealoxiasdobarbanza.es/boiro-1.html
https://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/es.ga.15078.ag/es/consulta/registro.do?id=1784073
https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/20328/pazo-de-agu-eiros?langId=gl_ES&tp=9&ctre=36

REFERENCIA BIBLIOGRÁFICA
VV.AA. (2008). Heráldica en Boiro. Breves nocións sobre formas heráldicas. Asociación O Faiado 2 (coord.). Ed: Concello de Boiro (en liña: https://centroarqueoloxicodobarbanza.org/docs/heraldica%20en%20boiro.pdf)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.652917619257
Lonxitude: -8.8560515689412
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84