Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Muxía
Parroquia: San Martiño de Ozón
Lugar: Ozón
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:

Na súa orixe, a Igrexa de San Martiño de Ozón era prerrománica. Máis tarde, en época románica, transformouse, engadíndoselle unha tripla ábsida semicircular. Actualmente só se conservan a central e a lateral da parte sur. Pertenceu ó antigo Mosteiro de Santa María de Ozón.
A ábsida central accédese mediante un arco triunfal de medio punto que se apoia sobre columnas. Este espazo cóbrese cunha bóveda de canón. A ábsida do lateral sur, tamén de estilo románico, é de menor dimensión. A terceira ábsida, hoxe desaparecida, foi substituída, no ano 1708, por unha construción rectangular, alterando deste xeito a perfecta simetría compositiva da cabeceira tripartita.
En época barroca reformouse o interior ó derruba-lo muro sur para amplia-la nave. Apégase tamén unha torre de planta cadrada, de ruda estrutura, na que destaca o corpo de campás con dous arcos de medio punto, apoiados en pilastras, e un remate cóncavo coroado por tres pináculos piramidais rematados en bóla. Este corpo presenta volutas nos seus estremos. Da primitiva fábrica románica conserva un van na ábsida central formado por un arco de medio punto con decoración xeométrica e apoiado sobre columnas con capiteis vexetais de follas de acanto e bólas. Os canzorros que soportan as cornixas das ábsidas son outro elemento escultórico a destacar.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: «Arquitecturas da provincia da Coruña, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra e Muxía». Vol. IV, Deputación provincial da Coruña, 1997.
TROIANO CARRIL, X.: «Camariñas, Corazón da Costa da Morte», Libro inédito inscrito no Rexistro da Propiedade Intelectual no ano 2007, 2008 e 2009.
http://www.concellomuxia.com/pxom/pdf/DOC_VI_AD_CATALOGO_T_II.pdf
(pax,187 do pdf)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MUXIA/documents/0232CA001.pdf (pp. 23, 24)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.0850588806
Lonxitude: -9.16609525681
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84