Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Santiago de Compostela
Parroquia: Santiago de Compostela
Lugar: Santiago, Rúa da Trinidade
Outra denominación do ben: Igrexa das Angustias de Abaixo
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O arquitecto Lucas Ferro Caaveiro dispuxo unha igrexa de nova construción e non se viu condicionada por espazos adxacentes e puido dispoñer dunha planta perfectamente lóxica, tanto no seu espazo interior coma no seu perímetro exterior. Proxectada no século XVIII e de estilo Churrigeresco, con unha magnífica cúpula en forma de media laranxa que destaca na súa construción, ao estilo de Simón Rodríguez. A planta da igrexa consta dun rectángulo no que se contén unha rotonda central á que se abren catro brazos moi curtos conformando así o cruceiro. Os brazos correspondentes á testeira e aos pés da igrexa son lixeiramente máis longos cós laterais. A ambos lados do presbiterio ábrense dúas estancias cuadrangulares e o mesmo acontece aos pés da igrexa. No exterior a igrexa chama a atención a pesar do pouco favorecedor espazo no que lle tocou estar, tras a impresionante mole do pazo de Raxoi e polo tanto nun plano de desnivel posterior.A fachada , lixeiramente curvada e feita para ver desde O Obradoiro, articúlase en cinco seccións, a central, claramente adiantada con respecto ás laterais, alberga a portada que é tipicamente santiaguesa, coas súas grandes volutas a ambos lados e percorrida no seu marco por unha mediacana con orelleiras. Sobre ela disponse a fornela flanqueada por columnas e motivos de placas e volutas contendo o grupo escultórico de Nosa Señora da Angustia atribuído a Gambino. Enriba desta, pódese ver en relevo e pintada de albaialde, unha nube co anagrama de María en dourada, no centro dun sol radiante e rodeado de querubíns. Outro aspecto que sorprende an fachada son as pilastras que separan a vía central das laterais, de fuste con artesóns, e que ademais incorporan, encaixados nos primeiros ocos altorelevos de bustos de ánimas pintadas de branco para que destaquen sobre o granito. No remate da fachada está a balaustrada con estatuas das virtudes cardinais Prudencia, Xustiza, Fortaleza e Temperanza, obra de Gregorio Fernández e Francisco de Lens. Unha pequena torre-campanario en posición central adornada de catro volutas nos ángulos remata a igrexa. O carácter de fachada pano típica do barroco santiagués aparece en toda a súa nudez se contemplamos o templo desde outros ángulos que non sexan o da fronte estrita da fachada. O edificio está revestido de cachotería e argamasa.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Beiras García, Eduardo. Lucas Ferro Caaveiro e a cidade de Santiago de Compostela. Fundación Caixa Galicia ,2008. ISBN: 978-84-96494-99-2
http://cvc.cervantes.es/artes/ciudades_patrimonio/santiago/paseo/angustias.htm


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.880697083116175
Lonxitude: -8.5468590259552
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84