
Outra fotografía:

Tipo de ben: Paisaxe natural,
Concello: Carnota / Dumbría
Parroquia: Ézaro, O (Santa Uxía)
Lugar: O Ézaro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Paleolítico,
Descrición:
O río Xallas nace no monte Castelo (Coristanco), discorrendo polos concellos de Coristanco, Santa Comba, A Baña, Zas, e formando límite entre Mazaricos, Carnota e Dumbría. Finalmente, desemboca na enseada do Ézaro, formando unha fervenza rodeada de espectaculares microformas graníticas no Monte Pindo. Algúns dos seus afluentes son: O Bazar, Castiñeira, A Regueira, Mira, Esternande, Ancha, Dornas, Guisande, Vilar García…
Boa parte do seu curso, o caudal do Xallas mantense constante por causa dos numerosos encoros que nel se teñen construído. En 1897, a Sociedade Española de Carburos Metálicos, hoxe parte do grupo Ferroatlántica, asentouse na zona e daquela datan as primeiras construcións para obter enerxía. O encoro máis importante é o de Fervenza, construído na década dos anos 60 do século XX. En Ponte Olveira hai outra central. Máis abaixo, da presa de Brazal parten as canalizacións cara Ézaro; máis abaixo, atópase o encoro de Santa Uxía, construído na década dos anos 80. Na súa desembocadura están situadas tres centrais hidroeléctricas: Castrelo, Santa Uxía e Pindo, esta última de principios do século XX e a primeira en construírse chamándose Hidroeléctrica del Pindo.
Esta fervenza é única en Europa dado que desemboca directamente no mar. Por mor dos encoros, o seu caudal é case inexistente, polo que no ano 2000 logrouse que se puidera ver tódolos veráns, os domingos. Ademais, agora o encoro solta agora un caudal ecolóxico próximo aos dous metros cúbicos por segundo.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
TROIANO CARRIL, X.: «Camariñas, Corazón da Costa da Morte». Libro inédito inscrito no Rexistro da Propiedade Intelectual nos anos 2007, 2008 e 2009.
http://es.wikipedia.org/wiki/Río_Xallas
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.91270985535843Lonxitude: -9.117364883422851
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
Xose Troiano says:
Xan 13, 2012
No último párrafo tería que dicir así: “Esta fervenza única en Europa dado que desemboca directamente no mar…
“… desapareceu cando a Administración deixou que construíse o último
encoro, o de Santa Uxía, e así matar a xoia do Xallas que era a súa fervenza.
Nin sequera se chegou a respeta-lo cauce vital do rio. Durante uns trinta anos
estivo secuestrada para todo o mundo que a quixese ver. Tan só unhas
negociacións do governo Fraga no ano 2000, a raiz das presións dos naturais da
zona, logrou que se poidera admirar tal beleza tódo-los veráns, os domingos un
par de horas.
Un colectivo ecoloxista, Ríos con Vida, presentou unha denuncia pola
inexistencia dese caudal, que finalmente acabou na resolución da Xunta que
devolve a vida ó derradeiro tramo do Xallas. O encoro solta agora un caudal
ecolóxico próximo aos dous metros cúbicos por segundo, cantidade insuficiente
para que o Xallas, case tres décadas despois, poida desembocar de novo no mar.
O río comezou a manar de forma ininterrompida o martes 12 de abril de 2011 pola
tarde. A empresa que xestiona o encoro, Ferroatlántica, abría as comportas en
resposta a unha resolución de Augas de Galicia que así llo indicaba.
Pero nin moito menos é o que foi a fervenza antes da construcción do encoro
de Santa Uxía, tan só podemos vela en todo o seu esplendor cando veñen
épocas de choivas moi intensas, entón e cando abren as comportas pra que non
se desborde o encoro, ahí é cando se pode ver o que foi unha grandiosa
fervenza, atronadora e o mesmo tempo fermosa”.
Alex says:
Xan 14, 2012
Si, e unha gran xoia de aquí de Galicia. Antes cando viñan amigos meus e os levaba a ver Carnota, Finisterre e Muxía nunca pasaba por alí porque as veces non iamos en domingo. Agora sempre os levo e todos quedan encantados