
Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: A Coruña
Parroquia: A Coruña
Lugar: A Coruña - Rúa Panaderas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
A chegada das fundadoras á Coruña foi promovida polo Cabildo Compostelán no ano 1683, pero ata trinta e dous anos despois o Arcebispo Monroy non contrataría con Casas e Novoa a construción do templo cun custo de 28500 ducados. Entre as cláusulas do contrato fixouse a colocación do escudo da orde franciscana na fachada. O convento anexo, construído con anterioridade ó templo, utilizou para o culto, inicialmente, unha vella capela de Nosa Señora das Marabillas e ata o 12 de xuño de 1982 residiu nel a comunidade de Irmás Clarisas Capuchinas, hoxe instaladas en Santa Cruz de Liáns (Oleiros).
O templo consta dunha soa nave, dividida en catro tramos e cruceiro. Este péchase na parte correspondente ó arco triunfal, que había de dar acceso ó presbiterio, co fermoso retablo barroco. Dúas portas, os ocos das cales se abren a ámbolos lados da mesa de oficiar, dan paso á sancristía, curiosa dependencia construída dentro da idea xeral da planta do templo para ser destinada a presbiterio pero que, por diversas razóns, se prescindiu del, pechando o cruceiro co muro que había de recibi-lo retablo.
O convento foi reformado a finais da década dos noventa do século XX, conservando as súas zonas de maior calidade arquitectónica no Museo de Belas Artes da Coruña.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
-SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, A Coruña”, Vol.VI, Deputación Provincial da Coruña, 1997.
-http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ACORUNA/documents/26446ca003.pdf
-http://www.coruna.es/documentos/descarga.jsp?6b7b89e5-de7d-11de-ad6b-11fccb511f30
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.37273394282678Lonxitude: -8.399267792701721
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84