Outra fotografía:

Tipo de ben: Hórreo,
Concello: Narón
Parroquia: Val, O (Santa María a Maior)
Lugar: Quintá
Outra denominación do ben: Hórreo en Quintá
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Situado a poucos metros da estrada AC-116 que une Ferrol e Valdoviño, este hórreo posúe as características típolóxicas propias dos hórreos de albanelería da zona de Ferrol-Ortigueira.
A base do hórreo, de planta de rectangular, é oca e está realizada en cachotería de granito recuberta por unha capa de cemento e pintura, na súa cota máis alta sobresae unha beira de cemento que perimetralmente rodea esta base do hórreo, servindo tal beira como tornaratos.
Na parte superior do hórreo, érguense catro paramentos cuxas esquinas e soportes estructurais verticais e horizontais están realizados en cemento, nos ocos desta estructura atópanse incrustadas pezas de lousa que a xeito de persiana permiten o paso do aire, e non así o de paxaros ou outros animais. Coroando esta estrutura aparece un tellado a catro augas, formado por varias pezas de lousa, cuxos vértices están recubertos por tellas superpostas que impiden a entrada de auga ao interior do hórreo.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.55213281509308
Lonxitude: -8.21054220199585
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84