
Outra fotografía:
Tipo de ben: Fortificacións urbanas,
Concello: Santiago de Compostela
Parroquia: Santiago de Compostela
Lugar: Santiago, Fonte de San Antonio
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
A muralla de Santiago naceu no século XI para protexer a cidade. A zona ocupada pola igrexa anterior á actual catedral e a súa contorna inmediata(o Locus Sancti Iacobi) xa tiña unha muralla con torres e foso, pero á altura do século IX o bispo Cresconio (1037-1068) constrúe unha nova muralla de maior contorna, cunha lonxitude aproximada de 2 quilómetros. A superficie interior tería unha 30 hectáreas e definiu o desenvolvemento e a forma do casco antigo de Santiago, foi a que durou ata o século XIX. En tramos concretos da muralla había torreóns para a súa defensa e vixilancia e unha rolda interior para percorrela. Entre a Porta da Mámoa e a porta de Mazarelos atopamos a Torre da Fonte de San Antonio. Non se pode precisar se é a orixinal do século XI ou se foi reconstruída. É de planta rectangular, e coas paredes facendo talude. Está edificada con pedra local (lousa) reforzada nas esquinas con cantería de granito e feita de maneira similar ao anaco de muro de outra torre que se conserva na Porta de Mazarelos. Actualmente localízase no interior do convento das Orfas que a integrou no interior dos seus terreos.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Santiago de Compostela. A Cerca da Cidade
Textos Dolores Cerqueiro, Javier luances Arca; Edita Oficina da Cidade Histórica e rehabilitación (Concello de Santiago) Dep. legal: VG-1005-2009
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.877434352876264Lonxitude: -8.543093204498291
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




