
Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Vilamartín de Valdeorras
Parroquia: Arnado (San Clemente)
Lugar: Arnado
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Este estraño pazo con aires de castelo foi construído a comezos do século XIX por Pedro Sanxurxo, aproveitando o edificio dun mosteiro pertencente a un priorado da Orde de Santiago. Nunca chegou a rematarse e agora permanece nunha ruína progresiva.
Está feito de pedra e xisto da zona. O edificio consta de dúas torres laterais, separadas por un corpo central, cuberto a dúas augas e de dous niveis. Na parte baixa da torre principal ábrese un túnel en bóveda de canón polo que pasa o camiño de entrada á aldea. As torres coróanse con merlóns pentagonais escalonados e con vans en forma de cruz. Unha escalinata dá acceso á segunda planta do edificio dende o xardín.
O pazo de Arnado tamén conta cunha capela, da mesma época, imitando ó románico, que conta con dúas portas: por fóra, unha de acceso ós habitantes da aldea, e outra no interior da finca, para os donos do pazo.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.40836549583705Lonxitude: -7.0252954959869385
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
elixiovieites says:
Xan 17, 2012
Unha páxina con información de pazos e casas blasonadas de Vilamartín de Valdeorras. Un saúdo
http://www.xente.mundo-r.com/vilamartin/pazos.htm