
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro, Conxunto de vivendas (Cascos históricos, barrios, aldeas),
Concello: O Barco de Valdeorras
Parroquia: Castro de Valdeorras, O (Santa María)
Lugar: Castro, O
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida, Idade do Ferro, Época Romana, Época Baixomedieval,
Descrición:
No alto dun outeiro, dominando o río Sil atópase este vello castro que chegou habitado ata os nosos días. O Castro de Valdeorras tiña o título de vila e era a capital do concello e máis da xurisdición de Valdeorras, ata que se foi formando unha nova vila ás beiras do Sil, grazas á barca que facilitaba o paso polo río: O Barco de Valdeorras. A partir do século XVIII comeza a decadencia do Castro.
Coroando o outeiro edificouse unha fortaleza que xa contaba cunha gran importancia no século XII como lugar de vixilancia do camiño de entrada a Galicia. Percorrendo as súas rúas admíranse as súas vivendas, mostra da arquitectura popular desta comarca ourensá, coas súas balconadas apoiadas en finos soportais desafiando á gravidade e ó equilibrio.
Grandes casas e pazos dan conta do pasado administrativo. Como exemplo, o Pazo dos Flórez, do XVII, con vermellas arcadas, que foi reconvertido agora nun hotel. Como último monumento destaca a igrexa, pequena do século XVIII.
O conxunto foi declarado Ben de Interese Cultural.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen usoOutros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OBARCODEVALDEORRAS/documents/0419CA009.PDF
pax 9
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Malia ser Ben de Interese Cultural, a vila atópase nun completo estado de abandono.
Onde está localizado
Latitude: 42.4283032506Lonxitude: -6.99211120605
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
Se estiveches nel, valora o estado deste Ben Cultural (é importante):






3 comentarios
elixiovieites says:
Xan 17, 2012
Páxina cos BICs da Provincia de Ourense, donde vén a data da súa declaración:
http://gl.wikipedia.org/wiki/Lista_de_monumentos_da_provincia_de_Ourense#O_Barco_de_Valdeorras
francisco cobo rodríguez says:
Xuñ 20, 2015
A ver, é BIC o torreón ou fortaleza desde 1949, pero non a Vila do Castro, que é o nome completo; pero o estado da mesma é lamentable. Do torreón non hai probas de que estivese no XII. A vila é relativamente moderna, baixa idade media, a teor da documentación coñecida, seguramente con xente trasladada desde A Proba (O Barco) – non teño a mao a data -. O torreón é obra dos Sarmiento, condes de Ribadavia, como moito dende o XV. Antes, dende fins do XIV, a vila foi enfeudada a un tal Perrin de Berseba, posiblemente un membro das tropas que acompañaban a Bertran Duguesclin, nas guerras entre Pedro I e o seu irmán Henrique (no que coñezo non se identificou máis sobre el). Houbo disputas posteriores cos Benavente, ata que se afirmou nos Ribadavia.
As liñas básicas están delineadas en García Tato, “Valdeorras cara el año 2000”, 2 vol. , con abundante documentación.
As escavacións efectuadas por Santiago Ferrer no torreón e arredores mostraron que houbo un primeiro castro (IV-III) e logo un segundo (II – I a.C), máis tarde foi abandonado. Hai prometidas unas segundas escavacións noutra parte da vila que poderían revelar novos datos.
Oscar Franco says:
Xul 24, 2017
http://www.laregion.es/articulo/valdeorras/barco-prepara-otra-fase-recuperar-villa-castro/20170714094134723476.html