
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: O Barco de Valdeorras / Valdeorras (comarca)
Parroquia: : Castro de Valdeorras, O. (Santa María)
Lugar: Castro, O
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
As ruínas da vella fortaleza do conde de Ribadavia coroan o outeiro do Castro de Valdeorras. O lugar servira xa anteriormente como torre de vixilancia da entrada a Galicia, e adquiriu a súa importancia xa no século XII.
Os Reis Católicos concédenlle no século XV o señorío de Valdeorras ó conde de Ribadavia, pola súa participación na conquista de Granada. Así, decide edificar a súa fortaleza no alto do Castro. Máis tarde, pasa a mans do conde de Lemos e logo ó de Vilafranca, ata que no século XVIII foi desmantelada e aproveitada polos veciños. Do antigo castelo só quedan hoxe en día unha torre e parte do muro, sobre o que se apoia unha Casa Grande con galerías e arcos.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Esta en completa ruína. Hoxe aínda segue a súa destrución por parte dos veciños.
Onde está localizado
Latitude: 42.42843787666543Lonxitude: -6.991824209690094
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
Se estiveches nel, valora o estado deste Ben Cultural (é importante):






5 comentarios
elixiovieites says:
Xan 17, 2012
A páxina do pxom do Barco de Valdeorras que recolle o Ben:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OBARCODEVALDEORRAS/documents/0419CA008.pdf
(páxina 17 de 17)
elixiovieites says:
Xan 17, 2012
Páxina cos BICs da Provincia de Ourense, donde vén a data da súa declaración:
http://gl.wikipedia.org/wiki/Lista_de_monumentos_da_provincia_de_Ourense#O_Barco_de_Valdeorras
francisco cobo rodríguez says:
Xuñ 20, 2015
Hai datos históricos errados. Non pasou dos conde Ribadavia á casa de Lemos nen a de Villafranca. O estado de conservación está mellorado porque houbo una intervención nos dous últimos anos, con excavacións incluídas que revelaron a existencia, sospeitada, dun antigo castro. A declaración como bic data de 1949.
Oscar Franco says:
Xul 3, 2019
Novas deste BIC na prensa dixital do 2 de xullo de 2019:
https://www.laregion.es/articulo/valdeorras/barco-insiste-restaurar-bic-torre-do-castro/20190702093054880351.html
Oscar Franco says:
Dec 28, 2022
O Barco saca a licitación as obras de rehabilitación deste conxunto.
Así o anuncia a prensa dixital de finais de decembro de 2022:
http://culturagalega.gal/noticia.php?id=34600
https://www.somoscomarca.es/articulo/obarco/barco-saca-licitacion-obras-remodelacion-castro/20221221225208141768.html