Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Valdoviño
Parroquia: San Vicente de Meirás
Lugar: Taraza
Outra denominación do ben: Capela de Santo Tomás de Taraza
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Antiga igrexa parroquial de Santo Tomé de Taraza, conservouse ata os anos 70 como unha capela dentro da parroquia de San Vicente de Meirás. Foi no ano 1970 cando se leva a cabo a súa destrución case total, motivada ,segundo as testemuñas, pola decisión das autoridades eclesiásticas do momento, de vender a súa pedra para construír unha nova capela que nunca chegaría a realizarse. Na actualidade apenas fican algunhas pedras esparexidas na súa ubicación orixinal.

Grazas á documentación fotográfica conservada, podemos considerar que o edificio derruído pertencia aos séculos XVI-XVI, se ben a súa localización sobre un antigo castro (hoxe tamén desaparecido) así como o descubrimento dunha necrópole durante a demolición, fan pensar que a súa orixe poida ser anterior. De planta rectangular e realizada en pezas nobres de granito era un edificio simple. Na súa fachada frontal destacaba un humilde campanario baixo o que estaba un escudo heráldico -posiblemente dos patrocinadores da súa construción, unha portada de arco de medio punto así como dous muros de carga que sobresaen a ambos lados da portada e que soportan un tellado de lousa facendo de cobertizo. No seu lateral esquerdo abríase unha portada que a xulgar polas fotografías xa se atopaba tapiado pouco antes de 1970, con cachotería. De escasa decoración, destacaban na beira da porta lateral e na cota inmediatamente inferior ao tellado, ringleiras de saíntes pétreos circulares. O tellado -a dúas augas- estaba realizado en lousa.

Non se coñecen fotografías do interior, polo que toda descrición na actualidade baséase sobre testemuñas que recordan o seu aspecto.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:

Cóntase a miúdo que foi construída polos mouros ao igual que o castro onde se sitúa, chamado ás veces en plural “Os Castros”.  Era o centro relixioso da antiga parroquia de Santo Tomé tal e como aínda recordan os máis vellos; lugar de festexo no día de Santo Tomé, a onde a xente acostumaba a facer unha pequena romaría e festa patronal.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

O seu grao de destrución é total, só fican pedras esparexidas no chan onde unha vez se ergueu.


Onde está localizado

Latitude: 43.592296
Lonxitude: -8.187009
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84