
Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: O Bolo
Parroquia: As Ermidas
Lugar: As Ermidas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Sito nun impresionante enclave á beira do Bibei, ó fondo do canón formado polo río, o santuario das Ermidas destaca ó lonxe cas súas torres barrocas.
Segundo a tradición, no lugar xa había tradición relixiosa dende o século VII cando un grupo de ermitáns se estableceu nunhas covas da zona. Aínda así os primeiros datos históricos non aparecen ata finais do século XVII.
A lenda conta que ó pasar por unha espenuca o gando caía enfermo. Cando foron examinar a cova atoparon unha imaxe de María co neno no colo. No lugar construíuse unha pequena ermida, atendida por ermitáns, ata que no ano 1624 o bispo de Astorga, Alonso Mexía, mandou levantar o actual santuario, considerado como o primeiro santuario mariano do país.
Nun comezo a igrexa só constaba da nave central e da fachada barroca, de tipo retablo. Pero en 1679, grazas ás esmolas levantáronse as torres barrocas actuais. Pouco máis tarde tamén se lle engadiron as dúas naves laterais, a dereita escavada na rocha. Entre a traballada decoración de estilo típico barroco galego aparecen os escudos dos bispos de Astorga, diócese á que pertence o santuario. Destacan as columnas con vides esculpidas na pedra e a cantidade de vans abertos en arco de medio punto da fachada e torres.
No edificio lateral, a Casa da Administración, estaba o centro de estudos de latinidade e filosofía do seminario e un hospital de peregrinos.
Foi declarado Ben de Interese Cultural en 2006.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Contan os vellos que houbo un derrube das pedras do monte que arrasaron o lugar. O único que quedou a salvo foi a igrexa.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.292365815810726Lonxitude: -7.1386778354644775
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Pablo Eirín says:
Mar 31, 2014
Deixo un enlace con máis imaxes deste santuario:
Chuscarmen “Santuario de las Ermitas-Detalles 2” Chuscarlota blog, 03-01-2013 [Consultado en: 31-03-20147] Dispoñible en:
http://chuscarlota.blogspot.com.es/2013/01/santuario-de-las-ermitas-detalles.html