Outra fotografía:
Tipo de ben: Camposanto,
Concello: Vigo
Parroquia: Castrelos,Vigo.
Lugar: Pereiró.
Outra denominación do ben: Panteón de José García Barbón en Pereiró(vigo).
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Panteón familiar de principios do século XX no cemiterio de Pereiró (Vigo).
O monumento funerario destaca pola súa monumentalidade (tanto en altura como decoración) consistente nunha capela semisubterránea (onde se atopan as tumbas propiamente ditas) cuberta por unha plataforma rectangular que sostén un grande obelisco cunha cruz patada inscrita.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Monumentalidade do conxunto,decoración a base de: un gran obelisco de 100 metros aprox., balasustrada decorada con elementos xeométricos, obeliscos e estrelas,capela abovedada decorada con reixa e estrelas.
Tradición oral:
Panteón pertencente ao indiano José García Barbón coñecido pola súa gran labor filantrópica, soterrado no cemiterio vigués de Pereiró o seu panteón amosa decoración onde mixtura elementos xeométricos refrentes á masonería e soamente unha cruz en todo o conxunto.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.20818222086839Lonxitude: -8.733991384506226
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
4 comentarios
dan says:
Mar 12, 2015
en que vedes que é masón? podedes ser explicitos? grazas
Xiana says:
Mar 30, 2015
Na vida do personaxe e na decoración (abundancia de obeliscos e decoracións xeométricas nuna época na que gustaban mais de cruces góticas por todas partes)
Andres Diz says:
Mar 2, 2017
Gustariame saber o porque de esa segunda fotografia, con esa pequena cruz gravada ¿Hai algo aí que sexa masón?
LuzDeTea says:
Mar 21, 2020
Eu non entendo moi ben a que vos referides con “elementos xeométricos referentes á masonería”. Ningún dos elementos fai unha referencia directa á mosonería e poderían atoparse noutras tumbas. O elemento máis claro podería ser o obelisco, que no s. XX xa non goza da popularidade da que gozou entre o XVIII e o XX, pero dende logo non é un elemento concluínte. Tampouco teñen que ver coa masoneria a coroa de loureiro, nin os balaustres, gotas, e roleos. A cruz, por certo, non é unha cruz patada, se non latina trilobulada. Non vexo tampouco estrelas de seis puntas, que si poderían referirse ó símbolo masónico da escuadra e o compás. Entón: que elementos concretos fan sospeitar que é unha tumba masónica?