Outra fotografía:
Tipo de ben: Fortificacións urbanas,
Concello: A Coruña
Parroquia: A Coruña
Lugar: Paseo do Parrote, Cidade Vella
Outra denominación do ben: Hoxe coñecida como porta de San Miguel
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
A porta do embarcadoiro, hoxe coñecida como porta de san Miguel erroneamente, sitúase na muralla lateral do antigo Hospital Militar, fronte o castelo de San Antón, construído no 1595. En sustitución da que debeu existir nas murallas do século XIV, foi construída esta porta sendo posiblemente, daquel tempo o embarcadoiro tallado na rocha e con varias escaleiras.
Sobre o seu lintel presenta tres escudos; o do centro presenta o colar da Orden do Toisón de Ouro, un dos atributos da realeza española. Este escudo está moi desgastado, casi inapreciábel. O escudo da dereita tamén está moi desgastado, posiblemente sexa a do antigo reino de Galicia, e o que está na esquerda poderíamos decir que é o único que se pode valorar cun estado medio decente. A inscrición do lintel da porta dá auténtica pena, posto que máis da metade da inscrición xa se perdeu debido a enfermidade que sufre a pedra. No lintel a inscrición sería a seguinte:”REINANDO EN ESPAÑA PHILIPE II ACABÓSE DE HACER ESTA MVRALLA, SIENDO CAPITÁN GENERAL DESTE REINO DON DIEGO DE LAS MARIÑAS, SEÑOR DE PARGA Y IVNQVERAS, AÑO 1595″.
Como xa dixemos, esta porta tiña orixinalmente escaleiras talladas sobre a rocha, para comunicarse co embarcadoiro que leva a San Antón e, segundo planos de Miguel Marín entre outros, houbo un proxecto para conectar por unha ponte a porta co castelo de san Antón que non pasou máis aló do proxecto.
Tamén debido a que era o paso ao cárcere do Castelo de San Antón, pasaron por este lugar, Melchor de Macanaz, Villaroel, Juán Díaz Porlier entre outros.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ACORUNA/documents/26446ca003.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
O que é a porta en sí non se atopa en perigo de destrución, pero o que é o conxunto, os escudos e a inscrición, dentro de poucos anos non se apreciará nada do que queda.
Onde está localizado
Latitude: 43.3678253696Lonxitude: -8.38939726353
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
riazorsound says:
Feb 18, 2016
Levantamento fotogramétrico: https://sketchfab.com/models/8c182efdefa449098a5b9b8e36440889
Oscar Franco says:
Mai 9, 2018
A limpeza e musealización deste ben é noticia na prensa do 9 de maio de 2018:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/coruna/2018/05/09/musealizada-puerta-san-miguel-tras-finalizar-obras-reparacion/0003_201805H9C2991.htm