Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Sober
Parroquia: Canaval
Lugar: Museo Provincial de Lugo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:

Pedra de 1´76 m. de longo, presentando unha tendencia estilizada. Ten gravadas varias coviñas alineadas, sucos e un círculo prepucial na parte superior que lle confire un aspecto fálico.
A pena servía de límite entre as parroquias de Refoxo, Neiras, Canaval (Sober) e Mañente (Pantón), asegurando algúns veciños ser marco divisorio entre a casa dos Andrade coa de Tor ou da Bastida.
A pedra foi atopada nunha canle de regadío. O arqueólogo que supervisaba as obras do desterre para un paso sobre a vía do tren no traxecto Monforte–Canaval decidiu, para protexela, levala ao Museo Provincial de Lugo, onde se encontra depositada no patio.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: GA27059ACH-10
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Está depositado no Museo Provincial de Lugo, no patio (non no claustruo). No mapa sinálase a súa ubicación orixinal aproximada.


Onde está localizado

Latitude: 42.48925927677113
Lonxitude: -7.564301490783691
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84