
Outra fotografía:
Tipo de ben: Ponte,
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Ponteambía (Sta María) Ambía(San Estebo)
Lugar: Entre Ponteambía e Ambía
Outra denominación do ben: Ponte romana
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Entre Baños de Molgas e Xunqueira de Ambía sitúase esta ponte do século XIV, sobre o río Arnoia.
Dende os anos 90 está en desuso, pois fíxose outro en paralelo, polo gran tráfico que soportaba.
A mediados do século pasado derrubouse parte do lado norte, quedando solo o arco en pé.
Foi reconstruída polos veciños da zona.
O parecer por esta zona pasou a Auriensis-Aquis Flaviis vía romana que cruzaba tanto o Arnoia como o Tamega, que logo se chamaría “Vereda vella de Ourense”
Segun o Catastro de Ensenada, a condesa de Baños recaudaba 70 reais polo dereito de pontazgo tanto de Ponteambia como de Ambia, nese ano de 1752.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA32007036
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Unha lenda di que os “romanos” deixaron agochados os picos de ouro con que fixeron a ponte, detrás de algunha das pedras.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Esta invadido pola maleza e na parte de Ambía, algunhas pedras ameazan con caer, xa que estanse desencaixando.
Creo que necesitaba un retoque urxente.
Onde está localizado
Latitude: 42.221625227657086Lonxitude: -7.71813690662384
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





2 comentarios
elixiovieites says:
Xan 21, 2012
Como información complementaria, o catálogo de Bens das normas subsidiarias
do planeamento provincial de Ourense.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/OURPA002.pdf
(páxina 5 de 10)
elixiovieites says:
Xan 21, 2012
Algunhas fotos en:
http://www.panoramio.com/photo/23574551
Un saúdo.