
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Ribeira
Parroquia: Carreira (San Paio)
Lugar: Graña, A. (Anquieiro)
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
O castro está situado entre a Praia do Porto das Dornas e cala do Porto de Baixo. Amosa unha configuración semellante aos situados en promontorios ou penínsulas que se adentran no mar, como Baroña ou Porto Nadelas en Porto do Son. Está invadido completamente pola area, que incluso tapa completamente a muralla. Descuberto en 1978 polas frecuentes extraccións de area incontroladas nos complexos dunares. A muralla que apareceu vai feita a base de pedras e terra, e está en bo estado como se pode apreciar nos lenzos que están ao descuberto. Mide 5 m. de ancho e una altura de 2.5 m. en algúns tramos. É das mesmas características que as de Borneiro, Baroña e Santa Tegra. O recinto de forma oval ten aproximadamente 85 m. de diámetro no lado máis ancho e 50 no pequeno.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Agrafoxo, Xerardo. Asentamentos Castrexo no Partido Xudicial de Noia. Colexio Público Cernadas de Castro. A Silva-lousame (Partindo da tesina de Licenciatura, Dep. de Prehistoria e Arqueolóxía da Facultade de Xeografía e Historia)1981.
Historia de Carreira (2007). Javier Crugeiras.
ISBN 978.84.8190.510.6, Ed. Cardeñoso. Vigo
Webs
http://carreira.info/galego/historia_1.htm
http://gl.wikipedia.org/wiki/Castro_do_Porto_de_Baixo
http://www.riveira.com/San%20Roque/contido/castelan/recursos_arqueoloxicos/idade_do_ferro/castro_porto_baixo/presentacion.htm
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.5405046981Lonxitude: -9.03380334377
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84