Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: Santiago (comarca) / Santiago de Compostela
Parroquia: Conxo
Lugar: A Rocha
Outra denominación do ben: Castelo dos Churruchaos
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

O Castelo da Rocha Forte é un xacemento arqueolóxico en proceso de escavación do castelo medieval máis emblemático da mitra compostelá, que tivo un período de ocupación desde, aproximadamente, o ano 1240 ao 1467, ano no que foi destruído ata os seus alicerces polos irmandiños. A Fortaleza de Rocha Forte, tamén coñecida como Castelo dos Churruchaos, sitúase na parroquia de Conxo, pertencente ao concello de Santiago de Compostela, na Comarca de Santiago, provincia da Coruña.
Trátase dun xacemento arqueolóxico, catalogado como Ben de Interese Cultural e cunha adscrición cronolóxica de ocupación definida entre o século XIII e o XV.
Na actualidade atópase en estado ruinoso, e está a ser estudado mediante escavacións arqueolóxicas levadas a cabo dende o ano 2001.
Conformada por distintas cercas, consérvase a exterior nunha lonxitude de 40 metros na área sueste, da interior consérvase todo o perímetro amais doutras estruturas na zona central onde se podería situar a torre da homenaxe, así como os restos dos torreóns nos seus ángulos e flanqueando o aceso principal (malia que só se conservan os seus baseamentos). Conta ademais con dependencias subterráneas en relación coas que ata de agora só foron documentados os acesos escalonados.
Amais do seu valor defensivo, xa que era o refuxio dos arcebispos de Compostela -o lugar onde refuxiarse cando había problemas cos levantiscos composteláns-, era un enclave perfecto para controlar a entrada e saída da cidade de xentes e mercadorías, xa que se atopa nas proximidades do antigo camiño que unía Santiago con Noia e co camiño de Padrón, ao Camiño portugués, que seguían os peregrinos a Santiago dende o sur de Galicia. Este foi o motivo principal de que o castelo, ao contrario do habitual, se colocara ao carón do río, no fondo dun val, e non nunha posición predominante en altura (posición dos denominados castelos rochosos).
O castelo funcionaba como punto de control do camiño cara ao mar, como primeiro posto de defensa ante previsibles invasións que puideran entrar, a través da ría de Arousa e o río Ulla, contra a cidade.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA15078061
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

SÁNCHEZ, José Manuel, PALLARES, Mª Carmen, PORTELA, Ermelindo. Rocha Forte. El castillo y su historia (2004). Xunta de Galicia. ISBN 84-456-3788-2.
RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Ángel. Las fortalezas de la mitra compostelana y los “irmandiños”. (1984). Colección Galicia Histórica. Fundación Pedro Barrié de La Maza Conde de Fenosa. ISBN 84-85728-39-X (Transcrición do Preito Tabera – Fonseca)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.86084233898965
Lonxitude: -8.573176860809326
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84