
Outra fotografía:
Tipo de ben: Porto,
Concello: Ribeira
Parroquia: Aguiño
Lugar: Covasa, A
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Dáselle este nome a un espigón de pedras ciclópeas postas en fila e que conforman tres alturas, cunha largueza cara o mar de cerca de 70 metros. Hai uns escalóns que se conservan tallados en grandes pezas de granito e sería o acceso desde terra aos barcos e as mercancías das persoas que alí faenaban. O seu estudio dá diferentes conclusións segundo os investigadores, pois uns aseguran que o porto é de orixe fenicia e outros aseguran que foi feito para a industria da conserva por parte dos empresarios cataláns, dado o auxe que chegou a coller esta economía nesta zona da costa Galega. Os fenicios tiveron presenza na costa do Barbanza nos séculos XII a VIII antes de Cristo, e está documentado un florecente comercio e una economía da metalurxia e outros produtos, sería posible que unha antiga infraestrutura fora aproveitada despois para outros usos , pero de momento parece que non é doado demostralo.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.51964782166369Lonxitude: -9.025622606277466
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


(3 votos)
620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





5 comentarios
Oscar Franco says:
Xuñ 10, 2019
A prensa dixital do 1 de marzo de 2019 recollía así o mal estado desta construción:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/ribeira/2019/03/01/emblematico-muelle-covasa-desmorona/0003_201903B1C6997.htm
Oscar Franco says:
Set 24, 2020
A prensa dixital de finais do mes de setembro de 2020 recolle a nova da redacción dun proxecto técnico para a súa restauración:
https://www.elcorreogallego.es/ocorreodebarbanza/ribeira-va-a-rehabilitar-el-muelle-fenicio-de-a-covasa-EI4659521?fbclid=IwAR1owDySSddw5XNZWX-7u1Yc38YhPVbZSRQCeFkIIsJ-irjxUfYmTi6BYS4
http://historiadegalicia.gal/2020/09/ribeira-quere-rehabilitar-o-que-poderia-ser-un-dos-portos-mais-antigos-de-galicia/
santiago says:
Set 27, 2020
Na ficha din que “segundo os investigadores, pois uns aseguran que o porto é de orixe fenicia e outros aseguran que foi feito para a industria da conserva por parte dos empresarios cataláns, dado o auxe que chegou a coller esta economía nesta zona da costa Galega”. Poden informarme de que investigadores e en que estudos? Estou interesado en saber de onde sae e con que base o das orixes dese porto.
Oscar Franco says:
Dec 13, 2020
A prena dixital do 12 de decembro de 2020 denuncia o proxecto para a restauración deste ben por falta de veracidade e rigor:
https://www.elcorreogallego.es/ocorreodebarbanza/ven-falto-de-rigor-el-plan-para-rehabilitar-el-muelle-fenicio-DF5632476
Oscar Franco says:
Abr 2, 2021
Artigo web sobre este ben. 1 de abril de 2021:
https://xestiondopatrimonio.wordpress.com/2021/04/01/restauracion-ou-reparacion-o-porto-de-a-covasa-ou-peirao-fenicio-de-aguino-ribeira/?fbclid=IwAR3wYNHWv_DOx3_AXKp4OJAxGieY05JAQ2gB-haPodBYKduKTVf3i8pz6F0