Outra fotografía:

Tipo de ben: Conxunto de vivendas (Cascos históricos, barrios, aldeas),
Concello: Carnota / Muros (comarca)
Parroquia: Carnota
Lugar: San Cibrán
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Da orixe do lugar fala Fernando Gomez Montiel na súa obra, e cito textualmente: “Tratase dun casarío dunhas seis vivendas suposta mente fundado por soldados Napoleónicos que, fuxindo das represalias populares durante a Guerra da Independencia, construíron neste lugar unhas primitivas cabanas. Rematada a guerra, e trala expulsión dos franceses, este grupo de militares quedou e converteu a aldea na súa residencia habitual.”
O conxunto construído na súa totalidade con pedra é un exemplo de arquitectura popular, nas diferentes vivendas e posible observar elementos de gran interese como por exemplo: lacenas das abellas nas paredes das cortes, unha eira,un forno acorporado na parede dunha das casas, un gran hórreo… O microclima especial que protexe o emprazamento dos ventos do nordés favoreceu o cultivo de froiteiras, moi frecuentes no lugar, como por exemplo:laranxeiras, limoeiros, maceiras, olivas, chumbeiras…e pola mesma razón tamén foi un lugar prodigo en colmeas. No ano 2000 comezan unha serie de actuacións para converter a aldea nun complexo de turismo rural e rehabilítanse varias casas para o fin desexado. A dáa de hoxe o lugar presenta en xeral un bo estado de conservación, tan so dúas casas quedan sen rehabilitar mais están limpas de escombros sendo posible ver a súa estrutura, así como as divisións interiores e restos dos seus elementos como cociña, lareiras, salgadoiros…


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Hosteleiro
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

GÓMEZ MONTIEL,Fernando: Da illa da Creba os montes do Pindo -Rutas a pé e en bicicleta por Muros e Carnota-

http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2000/10/31/266214.shtml?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.87341925432065
Lonxitude: -9.105558871960966
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84