Outra fotografía:

Tipo de ben: Muíño,
Concello: Terra de Soneira (comarca) / Vimianzo
Parroquia: Vimianzo
Lugar: Vimianzo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Pequeno muíño situado ós pés do outeiro sobre o que se levanta o castelo de Vimianzo.

Utiliza as augas dun rego que nace monte arriba no Foxo Vello e desemboca pouco máis adiante no río Vimianzo. Na parte norte do castelo hai unha porta pola que se baixa cara este muíño. Pero o camiño auténtico que usaban os “muiñeiros” viña da rúa Trasariz. Hoxe este vello camiño pechouse cunha cancela.

Malia estar moi próximo ó castelo non está claro que este muíño pertencera ós donos da fortaleza. Segundo contan, eran os veciños de Casais os que o utilizaban, xa que os vimianceses usaban un máis grande: o de Vilar, situado na actual Rúa Tras do Muíño.

O muíño atópase nun completo estado de ruína. Malia isto, aínda conserva os seus muros de granito e a moa.


Fotogrametría:

Propiedade: ComunalPrivada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

O Concello de Vimianzo está realizando labores de roza e limpeza da súa contorna, que deixaron á vista o muíño e a súa canle.
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/vimianzo/2016/07/23/desbroce-entorno-castillo-vimianzo-destapa-viejas-construcciones/0003_201607C23C2991.htm


Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

É preciso unha intervención urxente para poder rehabilitar o vello muíño, veciño do BIC do castelo de Vimianzo e a uns metros do centro urbán da vila.


Onde está localizado

Latitude: 43.1114869205
Lonxitude: -9.03232276439
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84