Outra fotografía:
Tipo de ben: Paisaxe histórica/cultural,
Concello: Terra de Soneira (comarca) / Vimianzo
Parroquia: Carnés
Lugar: Carnés
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
A Cerca da Faguía é un recinto singular, xa que foi construído específicamente pra unha festa gastronómica: a Faguía de Carnés. Realizouse en 1832 a petición da Confraría de San Cristovo pra evitar que xente que non era confrade se aproveitase e participara na comida.
Trátase dun recinto rectangular pechado por un alto muro que posúe dous espazos diferenciados: o lugar onde se celebra a Faguía á a casa de pedra de cachotería onde se fai a comida. A xente come nuns muros de pedra a modo de mesa que fan case un rectángulo.
A Cerca é un lugar de especial significación relixiosa e simbólica, remarcada esta polo ritual de virar a tella, explicado abaixo.
A orixe da festa remóntase ó 1608 cando a Confraría de San Cristovo de Carnés decide facer unha comida na véspera do patrón e unha festa o seu día. Despois de ser unha comida desta vella “Comisión de festas” pasou a ser un xantar para os pobres, a finais do XIX e comezos do XX. Nos anos 70, coa bonanza económica os veciños decidiron recupera-la festa tradicional. Hoxe en día é unha das festas máis concorridas da comarca na que se reparten callos a esgalla. Foi declarada Festa de Interese Turístico no 2010.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
“O ritual de virar a tella, con similitudes en toda a costa galega e no norte de Portugal, é levado a cabo por unha veciña de Carnés coñecida como Carme da Casucha que, segundo ela mesma, é quen ten o don. O ritual de virar a tella lévase a cabo cando o día da festa da Faguía chove ou orballa.
Nestas condicións Carme diríxese á casa da Cerca ataviada cun escapulario que herdou dunha tía súa, e comeza a colocación das tellas. Son seis en total; as tres primeiras colócaas unhas a carón das outras e o resto deposítanse sobre as anteriores pero orientadas cara a varios ventos: o Nordés, a Travesía e o Vendaval. Mentres fai isto recita unhas oracións.
Logo de efectuado este rito debe dirixirse á igrexa parroquial e rezarlle dándolle as grazas a todas as imaxes de santos existentes na mesma. Segundo os informantes o ritual de virar a tella ás veces dá resultado e ás veces non.” (vimianzo.es)
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Para máis información sobre o lugar e sobre os ritos visitade:
http://www.vimianzo.es/turismo/info.php?id=135&idioma=gl&sec=246
A Cerca, o rito de virar a tella e a Pedra do Noco
http://antigo.quepasanacosta.com/content/view/5990/27/
http://antigo.quepasanacosta.com/content/view/6008/27/
Fotografía 2 de Marcos Rodríguez
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.114357399066606Lonxitude: -9.111928045749664
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84