Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Brión
Parroquia: Viceso (Santa María)
Lugar: Igrexa, A
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Comezan as obras de este templo ao redor de 1880, sendo a fachada coa súa elegante torre a primeira parte que se leva a cabo. Dos anos 1832 a 35 construíronse o presbiterio e a sancristía. Por último erguéronse as capelas laterais, e o corpo da nave.
Ten planta de cruz latina, coa capela maior cadrada, cuberta con bóveda de canón con lunetos, mentres que o cruceiro, con arcos faxóns de medio punto sobre pilastras de orde toscana, conta con bóveda de aresta. A parte máis importante é a fachada, sobre a que se ergue a torre do campanario, da escola de Simón Rodríguez . Na fornela-fiestra de enriba da porta podemos ver una imaxe da Asunción da Virxe, labrada en 1784 polo escultor Antonio Fabeiro. O retablo da capela maior é neoclásico, tallado despois de rematarse as obras.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
González Pérez, Clodio.Brión. Historia, economía, cultura e arte. Ed. Toxosoutos ISBN 84-89129-09-6 (1998)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/BRION/documents/0078CA026.pdf
(pax 11 de 40)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.86820342982685Lonxitude: -8.74862551689148
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
Moncho de Lucas says:
Mar 19, 2013
A igrexa contruíuse a finais do século XIX, cómpre mudar a cronoloxía.
Saúde.
elixiovieites says:
Mar 19, 2013
Pois grazas por avisar Moncho. Cambiado queda.