Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Alfoz
Parroquia: Castro de Ouro (San Salvador)
Lugar: Castro de Ouro, O
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Esta igrexa era a capela do Castelo de O Castro de Ouro, do que hoxe só queda a torre do homenaxe e restos de muros. Foi refeita con posterioridade e consta de nave única, con arco triunfal de medio punto, e tellado a dúas aguas. Na cabeceira do templo é a catro aguas e rematado en adorno de pináculo, en todo o tellado a cuberta é de pizarra. Espadana de dous corpos rematada en pináculos enriba da fachada occidental, onde está a porta principal e unha pequena ventá. Ten unha sancristía con pórtico nun lateral, pódese ver unha ventá do século XV no muro da capela maior, e no muro lateral unha lápida gótica.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.5275410374Lonxitude: -7.40886211395
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
adela suma says:
Nov 2, 2015
ACTUALIZACIÓN: o concello carece de planeamento de seu; engado o enlace
(SIOTUGA) ao Inventario das Normas Subsidiarias Provinciais de
Planeamento que contén este ben (páxina 6488):
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/LUGPA002.PDF
Melodi Parga says:
Feb 12, 2017
Sobre a porta lateral atópase un medio-relieve que representa un calvario coas figuras inscritas baixo arcos trilobulados. Á esqueda San Xoan (cun libro na man), na parte central cristo crucificado flanqueado polos dous ladrons aforcados pendendo dos brazos da cruz, e por último a Virxe Maria.
Sobre a cruz adiviñase unha inscripción moi borrosa e ilexible.
No interior, hai un fresco do século XV que representa unha Piedade.
elixiovieites says:
Feb 13, 2017
Grazas pola aportación Melodi. Un saúdo.