
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro, Paisaxe histórica/cultural,
Concello: Santiago (comarca) / Santiago de Compostela
Parroquia: San Caetano
Lugar: Santiago de Compostela
Outra denominación do ben: Castro da Avenida do Cruceiro da Coruña
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
Hoxe case non queda nada deste castro de Meixonfrío. O nome vénlle dado polos pozos ou buratos onde se gardaba a neve. Nas rochas había unha escavación, que servía de neveira natural onde se conservaba o xeo entre os meses de setembro e maio.
Nas sondaxes realizadas no 2006 polas obras de ampliación da N-634 constatouse a existencia dun xacemento de época castrexa no lugar. Atopáronse 446 pezas de cerámica elaborada a man, cunha cronoloxía que se podería situar entre o século V a.C. e o cambio de era.
O pozo da neve quedou soterrado cas obras da Avenida do Cruceiro da Coruña. Era unha construción circular de pedra tapada cunha laxe, ó interior do cal se accedía cun cubo.
No 2006 urbanizouse o lugar e construíuse o parque tal como está agora, tapando o pozo e destruíndo o que quedaba das construcións castrexas.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.89851719299506Lonxitude: -8.52865755558014
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84