Outra fotografía:

Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Ferrol (comarca) / Narón
Parroquia: Sedes (Santo Estevo)
Lugar: O Cucheiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

En parte derruídos, aínda resisten en pé parte dos edificios que antano conformaban esde pequeno casal situado no Cucheiro. Na actualidade forman o conxunto 4 edificios domésticos en forma de L, sendo o edificio transversal o que se amosa na fotografía, caído case por completo. O conxunto doméstico está asociado tamén a pequenas dependencias como alpendre e bodega ou casa de criados. Do longo hórreo que existiu alí, apenas fican catro pilastras que o suportaban. A súa orixe nobre é delatada por un escudo onde se observa un cuartelado que amosa armas dos Andrade (dereita arriba), entre outras.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Segundo os máis vellos do lugar, os pais de Francisco Franco dispuñan desta casa e de todas as terras adxacentes a ela, vivindo do seu arrendamento aos veciños.  Son algúns os que contan que os seus pais e avós traballaron nesta vella casa como criados dos Franco Bahamonde, quen máis tarde se terían ido a vivir definitivamente á cercana vila de Ferrol.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/NARON/documents/0237CA005.pdf (p. 4, ficha 5)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.549806
Lonxitude: -8.139939
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84