Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Vigo
Parroquia: Matamá
Lugar: Mo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

GRUPO 1: Rocha cunhas dimensións de 4,70 m (eixo NE/SO) por 2,30 m (eixo NO/SE) que presenta moitas diaclasas. Inclínase cara o sudoeste e sobresae pouco sobre o terre, entre 10 e 50 cm. Distínguense varias combinacións de círculos concéntricos e “outras representacións de difícil lectura”. Unha segunda rocha se atopa a 2,5 m cara o norte. Nesta rocha de menores dimensións (0,90 m por 1,80 m) distínguense unha serie de liñas e coviñas.

GRUPO 2: Nunha rocha de 5 m (NE/SW) por 2,20 m (NW/SE) inclinada ao noroeste e que sobresae entre 20 e 40 cm do terreo, sobre a que aparece representada, na súa parte occidental, unha figura zoomorfa identificable con un cervo, de 42 cm de longo e 38 cm de alto. Diante de esta figura, a uns 10 cm, dous círculos concéntricos con coviña central, A 80 cm ao norte desta figura,un círculo con coviña central.

Trátase do único petróglifo coñecido no Concello de Vigo no que aparece representado un cérvido.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: GA36057049
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ficha X-049:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/VIGO/documents/26620ca030.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Atópase nun entorno moi alterado polo urbanismo descontrolado.


Onde está localizado

Latitude: 42.19309949607784
Lonxitude: -8.735729114553628
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84