Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Brión
Parroquia: Boullón (San Miguel)
Lugar: Adro da igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Está no adro da Igrexa de San Miguel de Boullón, cerca da porta principal do templo. Véselle un só chanzo na plataforma, e a base é cuadrangular coa parte superior tallado en círculo, de onde arranca o varal. Este comeza de catro lados e a uns centímetros tórnase cilíndrico. No medio do varal está San Francisco adorando unha custodia que se atopa máis arriba, acompañado de outra figura máis pequena. O capitel ten volutas angulares e no medio de cada lado unha figura, moi gastadas pola erosión. Da cruz con nós, pende un Cristo coa cabeza caída á dereita e cun pano de pureza anoado tamén a dereita. A imaxe que hai detrás non se identifica ben, debido á pouca consistencia da pedra. Pero considérase que podía pertencer ao patrón da parroquia, San Miguel.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

González Pérez, Clodio. Brión: historia, economía, cultura e arte. Ed. Toxosoutos. 1998 ISBN 84-89129-09-6
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BRION/documents/0078CA010.pdf
(pax.4 de 20)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8486952229
Lonxitude: -8.71077418327
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84