Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Ponteareas
Parroquia: Santa Mariña de Pías
Lugar: O Outeiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
O Castro de Troña é un poboado fortificado caracterizado polas súas propiedades defensivas e pola armazón de edificacións que permiten o desenvolvemento da vida cotiá. Posúe dous recintos principais claramente identificados pola muralla, ademais de polos restos descubertos durante as campañas de escavación. O primeiro presenta unhas dimensións de 160 por 70 metros, e o segundo apégase ó anterior, a un plano máis baixo, describindo un arco de Norte a Oeste.
A elección da súa situación ten que ver coas condicións defensivas naturais, reforzadas posteriormente coa construcción de murallas e foxo. A acusada pendente das vertentes Norte e Nordés dificulta enormemente o acceso; polo Leste e Sur o terreo córtase bruscamente debido á construcción do foxo defensivo, pola cabeceira do cal transcorre actualmente a estrada de acceso. As súas dimensións -200 metros de longo, 25 de ancho e 10 de profundidade- son mostra do extraordinario esforzo empregado na súa construcción.
En conxunto pódense observar máis dunha trintena de edificacións, entre vivendas e anexos, así como parte das murallas perimétricas. Existen ademais unha serie de elementos singulares de especial interese para a visita. No extremo Leste, ó acubillo da muralla-torre grande, e entre as edificacións, destaca o gravado dunha serpente sobre a cara vertical dunha rocha. A poucos metros veremos un profundo oco escavado ó pé da muralla, probablemente utilizado como alxibe. Na zona Sur, destaca o bo nivel de conservación dalgunhas vivendas, que superan o metro e medio de altura. No seu interior conservan aínda vestixios das antigas lareiras nas que se prendía lume. Notables son tamén as escaleiras que permiten salvar a pendente deste sector.
Na parte máis elevada erixíronse varias construccións contemporáneas: a igrexa dedicada ó Doce Nome de Xesús, dous cruceiros, fonte e lavadoiro. Ó redor da ermida celébrase unha romaría o 6 de agosto.
O exame dos restos compleméntase coa instalación dunha serie de recursos informativos de diversa índole: pequenos atrís que achegan datos sobre aspectos concretos e paneis que abordan temáticas xerais. Así mesmo unha serie de fitos e marcas de itinerario permitennos localizar e identificar elementos concretos, coma o alxibe ou o gravado da serpe.
A presenza dun vixiante introduce un certo grao de control sobre o público e ofrece a posibilidade de visitar o interior dunha pequena edificación habilitada para a exposición e interpretación do xacemento.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
-“Castros de Galicia e Noroeste de Portugal”, Xunta de Galicia, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, 2006.
-HIDALGO CUÑARRO, J.M.; “Castro de Troña. Campaña 1983”, Arqueoloxía / Memorias 3. Consellería de Educación e Cultura. Xunta de Galicia, 1985.
-HIDALGO CUÑARRO, J.M.; “Consideraciones Generales sobre el Castro de Troña y sus excavaciones arqueológicas”, Soberosum. Revista de Estudios, nº 1, pp. 9-28. Museo Municipal de Ponteareas. 1992.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.21395759547919Lonxitude: -8.490119576454162
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
8 comentarios
adela suma says:
Feb 12, 2012
Engado o enlace á ficha do castro das N.S.P.(1995), ainda que a vixencia de ditas
normas está suspendida (aprobando unha ordenación provisional por decreto) ata a aprobación
dun novo planeamento:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PONTEAREAS/documents/0861CA008.pdf
Xose Troiano says:
Xul 2, 2012
http://www.boe.es/boe/dias/2009/12/25/pdfs/BOE-A-2009-20884.pdf
Oscar Franco says:
Out 2, 2013
Boas novas para o castro de Troña:
http://www.atlantico.net/noticia/254423/condado/lourina/
Xose Troiano says:
Nov 17, 2013
Mais novas sobre o castro e a serpe.
http://oestrymnio.blogspot.com.es/2013/10/castros-de-penalba-y-trona-el-culto-la.html
Oscar Franco says:
Dec 12, 2013
O Castro de Troña novamente na prensa escrita:
http://www.atlantico.net/noticia/262052/condado/lourina/
Oscar Franco says:
Dec 8, 2017
Todo o lugar quedou fortemente afectado pola vaga de lumes do mes de outubro de 2017:
http://historiadegalicia.gal/2017/12/extenso-informe-patrimonio-de-galicia-queimado-outubro-petroglifos-castros-castelos-outros-bens/
http://omeigodotea.blogspot.com.es/2017/10/galiza-destruida-lumes-patrimonio.html
Oscar Franco says:
Xul 18, 2018
http://historiadegalicia.gal/2018/07/unha-subvencion-fara-que-castro-de-trona-entre-no-seculo-xxi/
Oscar Franco says:
Xul 16, 2019
http://omeigodotea.blogspot.com/2019/07/construiron-o-castro-de-trona-sobre.html