Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Vigo
Parroquia: Matamá
Lugar: Parada - Monte do Fabal
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

Consérvanse as insculturas nunha rocha situada no lado sudoeste dun pequeno couto, nunha rocha cunha inclinación considerable e unhas dimensións de 6,5 (eixo NE/SO) por 3,5 metros. Represéntanse diversos motivos entre o que destaca unha serie de cadrados divididos no seu interior en catro partes e recheos de coviñas e que na parte superior teñen un semicírculo, motivo este que se repite en varias ocasións xunto con outros trazos xeométricos, coviñas e sucos de difícil interpretación debido a súa erosión.

A pedra presenta abondosas diáclases, pegadas de cantería na superficie da rocha.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA36057044
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://xmu.vigo.org/docs/pxom/Memorias/Tomo-VI/Fichas/CATALOGO.htm (Matamá, ficha X_044)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

O couto no que se atopa semella un acúmulo de entullo. Como a propia ficha do PXOM indica sería necesaria a limpeza e acondicionamento do petróglifo e o seu contorno. Atópase no límite das instalacións da factoría de Citroën, polo que a ameaza da súa ampliación é unha constante para este petróglifo.


Onde está localizado

Latitude: 42.2041710733
Lonxitude: -8.74042063951
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84