Outra fotografía:
Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Nogueira de Ramuín / Parada de Sil / Xunqueira de Espadanedo
Parroquia: Os Pensos (San Pedro)
Lugar: Campo do Eirado (Pardeconde)
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Este marco atópase onde vemos no mapa, a confluencia dos concellos de Xunqueira de Espadañedo, Parada do Sil e Nogueira de Ramuín.
Puidera ser o “Cautum Sancti Stephani de Petrafita” ao que se refire o Privilexio de Alfonso VII de 1153, delimitando o Coto de Rocas, e que di que xa estaba alí no ano 921.(Información de Antón Rodicio)
Ten varias cruces gravadas.
O seu caron pasou a Vereda que unia Ourense, o Castro Litoria e Astorga
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Unha lenda di que unha marca que ten na parte superior, fixoa o cabalo de Santiago, saltando dende este marco ata o Marco Novo que dista unhos 1400m.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://onosopatrimonio.blogspot.com/2011/07/circulos-liticos-e-pedrafitas-de-galiza_09.html
http://riberasagrada.blogspot.com/2009/12/el-castillo-de-litoria-y-la-vereda.html
Vía romana de Astorga a Orense por el castro Litoria, publicado no número XXV do Boletín Auriense, en 1997 (Anton Rodicio)
http://riberasagrada.blogspot.com/2009/11/la-ermita-de-la-virgen-del-monte.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.354270580911134Lonxitude: -7.633599042892456
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
Xabier Moure says:
Mai 29, 2013
Hai uns días, o amigo Gavilanes achegoume unha foto onde se ve unha prancha de metal do Tecor Societario de Parada do Sil (en definitiva, unha sociedade de cazadores) cravada no marco. A denuncia xa foi enviada ao Servizo de Patrimonio en Ourense. Despois de denunciar publicamente o feito, o presidente da sociedade di que descoñecía que se tratara dunha pedrafita. Curioso, un presidente dunha sociedade de caza que adoitan fachendear do ben que coñecen o monte e se lle pasara por alto algo coñecido por todos os veciños, lenda incluída.
Xabier MOure says:
Ago 19, 2013
Despois de case tres meses de presentada a denuncia ante Patrimonio en Ourense, xa desapareceu a prancha de metal de O Marco Vello. Iso, como comprobou Gavilanes e como era previsto, quedáronlle os buratos dos parafusos onde, precisamente, ten unha gravura en forma de N invertido feito nun rebaixe.
Gavilanes67 says:
Set 24, 2013
Imaxes do Marco Vello e do entorno:
https://www.youtube.com/watch?v=1GF1g8O_QW4