
Outra fotografía:
Tipo de ben: Fonte,
Concello: Noia
Parroquia: Noia (San Martiño)
Lugar: Couto, O.
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Fonte situada á beira da estrada que atravesa o barrio do Couto e cruza máis adiante a Ponte de Traba. Por aquí márcase o trazado dunha vía medieval, e autores como Xerardo Agrafoxo marcan o posible itinerario da vía romana Per Loca Marítima, ao seu paso por Noia. Ao lado destas vías de comunicación usadas ata os nosos días, facíanse numerosas fontes que aprovisionaban de auga aos viaxeiros, as carruaxes e tamén aos habitantes locais. A fonte consta de unha pía de forma redondeada e un edículo formado por un muro de perpiaño rematado en un frontón rebaixado na parte superior e coroado tres pináculo. A pía aséntase nunha base de pedra que rodea a toda a fonte e ten un chanzo. Está feita de catro pezas graníticas, con forma curva e con adornos saíntes consistentes nuns círculos que están na parte central da peza. Rematan en pequena plataforma redondeado para apousentar os recipientes de auga. O muro central de perpiaño ten dous canos polos que verte a auga e no que se distingue, nas esquinas da parte superior, un rebaixe en semicírculo. A partires desa altura os perpiaños remarcan as arestas e rematan a esquina con adornos de círculos inscritos na pedra.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.783901575808Lonxitude: -8.8814713060855
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





2 comentarios
Anton Carou says:
Mar 9, 2026
A ubicación da fonte está no lugar incorrecto. As coordenadas correctas serían: 42.7838831, -8.8814364
elixiovieites says:
Mar 10, 2026
Grazas pola anotación. Xa está posta a nova ubicación. Saúdos