Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Vigo
Parroquia: Coruxo
Lugar: Fragoselo
Outra denominación do ben: A Pedra Moura, A Pedra da Moura
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

Rocha convexa cunhas dimensións de 17 (eixo N/S) por 7,5 metros, caída cara o sur. Conserva gran profusión de motivos, os predominantes combinacións de círculos concéntricos, a maior delas supera o metro de diámetro, coviñas… e un gran suco irregular que percorre a laxe de norte a sur polo centro da rocha.

Foi dado a coñecer por Luis Monteagudo no ano 1943.

Posúe Declaración expresa de BIC, en base ó Decreto 3741/1974 de 20 de decembro.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA36057059
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

GARCÍA ALÉN, A. e DE LA PEÑA SANTOS, “Grabados rupestres de la provincia de Pontevedra”, 1980, Fundación Pedro Barrié de la Maza, ISBN 84-85728-04-1


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

O muro de peche colocado para a súa protección corta a rocha onde se atopa o petróglifo e descontextualiza o monumento.

As gravuras son difíciles de visualizar debido á vexetación que cubre a superficie da rocha e o seu deteriorado estado.


Onde está localizado

Latitude: 42.177499999999995
Lonxitude: -8.766111111111112
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84