Outra fotografía:

Tipo de ben: Mosteiro/Abadía/Cenobio/Priorado,
Concello: Santiago de Compostela
Parroquia: Santiago de Compostela
Lugar: Santiago de Compostela - Rúa Valle Inclán
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

A planta da Igrexa de San Domingos de Bonaval articúlase a partir de tres naves, con cruceiro que non se destaca ó exterior, e tres capelas absidais poligonais. O seu corpo consta de cinco tramos separados por sinxelos piares de sección rectangular con columnas embebidas, nos tramos máis próximos á cabeceira, e de sección cruciforme, nos restantes. Estes soportes reciben os empuxes dos arcos formeiros da nave e o ingreso ás capelas absidais. Por outra banda, mentres a nave se cobre con bóvedas de aresta, o transepto recibe bóvedas de crucería, máis sinxelas nos tramos laterais e máis rica no cruceiro.
A capela maior, ornada cos escudos dos fundadores -os Gres e Moscoso e os Ulloa-, presenta unha disposición semipoligonal, precedida dun tramo recto; é o mesmo esquema na que se adopta nas laterais, se ben cunha traza máis simplificada. Os nervios das súas bóvedas de crucería descargan os empuxes xerados por estas nas columnas acobadadas das esquinas. A súa iluminación conséguese a través de cinco xanelas de arco apuntado con dobre trazaría aximenada e óculo.
Na primitiva fábrica da igrexa acometéronse, durante os séculos XVI e XVII, diversas reformas e ampliacións que darán lugar á fisionomía actual do templo. Deste xeito, no cruceiro, no seu lado sur, atópase a capela de San Xacinto levantada por Gaspar de Arce e Solórzano, o vello, entre o 1609 e 1617. De planta cuadrangular, péchase cunha cúpula cega sen tambor levantada sobre trompas en forma de vieira. O seu intradorso, decórase con castelos e cruces de Calatrava que alternan con estrelas, flores e vieiras.
Fronte á capela de San Xacinto está situado o actual Panteón de Galegos Ilustres, antiga capela de Santo Domingo en Soriano. Configúrase como unha planta de cruz grega pechada por unha cúpula semiesférica montada sobre pendentes e pilastras de fuste caixeado. No seu lado norte, no lugar que ocupaba a primitiva sancristía e o capítulo, levantouse a primeira capela da Virxe do Rosario, construída entre 1621 por Leonel de Aballe e 1703 por F. Gabriel Casas.
Como peche das obras do convento, dótase ó templo dunha nova fachada. Este sorprende polo seu carácter civil. De liñas sinxelas, escasamente ornamentada, organízase en tres panos con dous corpos que, en altura, quedan cortados por unha cornixa voada.
Esta construción iníciase nos primeiros anos do século XVIII, tras concluírse o resto das obras do convento. Aínda que os escudos campan, tanto nos panos laterais, entre as dúas xanelas, como no frontón partido -este último entre dous óculos ovais que lembran gravados de Serlio-, pertencen ós condes de Altamira e ó Arcebispo Baltasar de Moscoso e Sandoval, a fachada foi custeada por Frei Antonio de Monroy, quen ante a protesta dos patróns do convento, a Casa de Altamira, renunciou a que as súas armas figurasen na mesma.
O claustro, obra de Andrade, conta con dúas plantas, cada unha de nove tramos por panda. A planta baixa compóñena pilastras caixeadas sobre pedestais con arcos de medio punto sobre impostas. O piso superior repite a mesma estrutura malia que con menor altura e coa luz dos arcos transformada nunha xanela con marco acobadado. No ángulo noroeste do claustro levántase a escaleira de caracol que comunica as diferentes habitacións e celas do edificio.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:

A tradición relaciona a súa fundación con Santo Domingo, o cal peregrinara a Compostela en torno a 1219. O certo é que, en moi pouco tempo, os dominios da Orde alcanzaran unhas dimensións considerables que facilitarán a súa progresiva expansión.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da Provincia da Coruña, Santiago de Compostela”, Vol. XI, Deputación Provincial da Coruña, 1997.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.882678223072155
Lonxitude: -8.539080619812011
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84