Outra fotografía:

Tipo de ben: Institucións culturais (museos, arquivos, centros educativos...),
Concello: Santiago de Compostela
Parroquia: Santiago de Compostela
Lugar: Santiago de Compostela - Rúa de San Roque
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O conxunto do Hospital de San Roque, situado nas proximidades do perímetro murado da cidade de Santiago de Compostela, entre a Porta do Camiño e a da Peña, encontra a súa razón de ser nas sucesivas pestes que, durante o século XVI, asolaron a Galiza. Este motivo xunto coa devoción a San Roque, intercesor contra este tipo de males e patrón da cidade, motivaron a construción primeiro dunha pequena capela, e máis tarde dun hospital fundado polo arcebispo Don Francisco Blanco. As obras estendéronse entre 1520, data na que se comeza a capela, e 1584, momento no que Gaspar de Arce recibe o último pago pola traza e dirección da obra. Porén, o período real de actividade construtiva vai dende 1570 ata 1584, participando mestres da talla de Juan de Herrera, como supervisor, ou o propio Arce, ademais de numerosos mestres menores e canteiros.
O aspecto que, na actualidade, ofrece o hospital ten pouco que ver coa súa configuración orixinal, dado o gran número de remodelacións que sufriu a finais do século XVIII e principios do XIX. Articúlase en torno a un único patio ao que se abren tódalas dependencias do hospital.
O claustro responde á remodelación feita entre 1578 e 1793. Consta de dúas plantas que, na parte inferior, articúlanse a través de cinco arcadas de medio punto sostidas sobre columnas toscanas. Estas levántanse do chan sobre unha pequena base cúbica. No interior, a rosca dos seus arcos e as súas pendentes están decoradas con placas xeométricas de forma circular. Cara o patio, ditas placas compoñen un marco xeométrico, a modo de alfiz, sobre o que descansa a liña de imposta, que separa ámbolos dous corpos, e as pilastras que pautan a distribución de vans da planta superior. As súas coxías cóbrense cun teitume plano e, nos ángulos, conta cos correspondentes arcos de descarga escarzanos.
Ó exterior, a fachada do hospital componse como un gran lenzo mural de traxectoria horizontal, animado pola sucesión de vans que se abren nas súas dúas plantas. Nas súas esquinas campa o escudo de Francisco Blanco. Na súa parte intermedia atópase a portada, único elemento orixinal do edificio renacentista. Componse a partir dun arco de medio punto, co tímpano adornado coas armas do arcebispo fundador e sostido por pilastras toscanas de fuste estriado. Este está enmarcado por outras dúas pilastras, tamén de orde toscana, levantadas sobre bases de netos afundidos. O seu fuste está decorado con motivos circulares en resalte. Estas pilastras sosteñen un friso sen decoración algunha, sobre o que se levanta un segundo corpo, flanqueado por dúas grandes xerras e rematado por un frontón recto que acubilla dúas fornelas de medio punto.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da Provincia da Coruña, Santiago de Compostela”, Vol. XI, Deputación Provincial da Coruña 1997


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.883279627971504
Lonxitude: -8.541988134384155
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84