
Outra fotografía:
Tipo de ben: Ermida,
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: San Martiño (Presqueira)
Lugar: Presqueira
Outra denominación do ben: Capela de San Vitorio
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:
A Capela de San Vitorio é unha pequena construción prerrománica realizada en cantaría, cunha soa nave e cuberta a dúas augas. Na fachada principal disponse a porta de acceso, cuxo lintel posúe unha inscrición, flanqueada por pequenas ventás laterais. O conxunto remátese en cornixa cunha pequena espadana dun van coroada cunha cruz de pedra.
No contorno da ermida atópase un cruceiro que se ergue sobre un penedo cos coñecidos petróglifos do San Vitoiro.
A Capela sitúase, saíndo de Baños de Molgas cara a Presqueira, no alto do outeiro chamado “O Teso do San Vitoiro”.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Existe a crenza de que na época da inquisición, ao carón desta capela, se facían torturas.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/OURPA002.pdf (P. 5)
http://www.panoramio.com/photo/15902509
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
As obras do AVE estan preto, polo que estan continuamente pasando o seu arredor moita maquinaria.
Onde está localizado
Latitude: 42.225796580314636Lonxitude: -7.6872700452804565
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


(1 votos)
620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




