
Outra fotografía:

Tipo de ben: Reitoral,
Concello: Piñor
Parroquia: Barrán (San Xoán)
Lugar: Barrán
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
A carón da igrexa de San Xoán de Barrán atópase a casa reitoral. Levantada con muros de perpiaño e cachotería, amosa no tellado unha gran chimenea rematada en adornos de pináculos. Porta alintelada e pequenas ventanas no segundo andar. No seu interior pódese ver un fermoso patio con columnas e unha moi fermosa balaustrada de pedra. Está nun lamentable estado de conservación.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Atópase en estado de completo abandono. Nos pisos de abaixo acumúlanse restos de bancos, madeiras e algúns mobles antigos. E no superior máis restos do tellado e non se pode pasar por risco de que se veña todo abaixo.
Onde está localizado
Latitude: 42.50205084192345Lonxitude: -8.00205945968628
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Mai 23, 2019
Segundo recolle o Facebook da Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego, existe documentación do ano 1743 que fala desta reitoral, e máis concretamente do párroco Juán de Áspera y Villar, Comisario do Santo Oficio.
Pola parte superior dunha das xanelas existe unha inscrición que fai referencia ao Mosteiro de Oseira.
O seu pésimo estado de conservación fixo que esta reitoral apareza no listado da “Lista roja de Patrimonio” da Asociación Hispania Nostra:
https://listarojapatrimonio.org/ficha/casa-rectoral-san-xoan-barran/