Outra fotografía:

Tipo de ben: Muíño,
Concello: Ames
Parroquia: Ames (Santo Tomé)
Lugar: Vilar (rego de Riamonte)
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Despois da aldea de Vilar este muíño sería uns dos primeiros feito na marxe dereita do rego Riamonte e desviado das casas. Está despois do tramo da gran pendente de baixada de auga do monte San Marcos e forma parte da Ruta da Auga no concello de Ames. É un dos dous rehabilitados, e en bo estado a diferenza dos outros que se atopan máis arriba, a carón do leito rochoso do río. De planta cuadrangular, feito de cachotería e con reforzos de grandes pezas de granito nas esquinas. Tellado a unha auga e cuberta de tella. Posúe unha gran canle que non provén directamente do caudal, senón dun desvío da auga que previamente se sacou do rego de Riamonte para obter máis enerxía e que entra polo lado oposto ao seu leito.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.91108328743134
Lonxitude: -8.642141819000244
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84