Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Ames
Parroquia: Biduido (Santa María)
Lugar: Costoia
Outra denominación do ben: Castro de Quistiláns
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Está situado nun esporón que se forma nun recodo do río Sar, preto do lugar no que se une ao río Roxos, e nos límites dos concellos de Ames e Santiago. Pola parte norte amosa un outeiro que se ergue máis de 10 metros por enriba do nivel da croa e que presenta uns desniveis que impiden calquera ataque exterior. As condicións defensivas son moi boas. Dende o río, o castro presenta desniveis moi acusados que o rodean por tres partes. A parte que non está cinguida polo río está protexida por un parapeto e terraplén que alcanza os 7 metros de altura e que na parte superior está moi esmorecido e co seu aparello derrubado cara o interior. Ten unha entrada pola cara suleste e outra polo suroeste.
Ten terras ao seu redor de moi boas condición para ser explotadas economicamente. A pouca distancia do Castro está o xacemento de Mirás(GA1002016), onde apareceron restos céramicos e estruturas tipo foxas que ao parecer teñen relación co castro, xunto con este forman unha área de cautela no planeamento municipal.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA15002017
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Agrafoxo, Xerardo. O hábitat castrexo no Val de Barcala, Amaía e o Val do Dubra,
Ed. Sementeira,1992. ISBN 84-87848-02-8 (aparece como Castro de Quistiláns. nº 6 do cap II castros da Amaía)
Páxina no PXOM de Ames
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/AMES/documents/0023CA005.pdf
páxina 8 do pdf
Plano de situación http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/AMES/documents/0023CA002.jpg
http://digital.csic.es/bitstream/10261/5761/1/TAPA9.pdf
(páxina 18)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Está en estado moi malo. A día de hoxe 1 de marzo de 2012 ten eucaliptos dentro da croa e fíxose unha corta e carrexo de madeira con maquinaria pesada. Está cheo de restos de ramas e maleza e o parapeto presenta moitas fendas de subida a modo de camiños de subida motos ou feitos para outros usos. Quedou moi preto da autopista, que pasou entre os dous xacementos, e o río que o rodea, o Sar, é unha inmunda cloaca de cor verdosa cun cheiro insoportable. Aínda con todo destaca impoñente na paisaxe e ten impresionantes vistas sobre o río.


Onde está localizado

Latitude: 42.8647198522
Lonxitude: -8.61677885056
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84