
Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Covelo
Parroquia: Covelo (Santa Mariña)
Lugar: Covelo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
No centro da vila de Covelo, fronte a Casa do Concello atópase este monumental cruceiro. Foi mandado construír polo veciño da vila Juan Antonio Tielas Fontán no ano 1899, e o encargado da obra foi o coñecido Xosé Cerviño, a quen tamén se lle atribúe o nome da obra como “cruceiro de Cerviño” e autor do cruceiro máis famoso de Galicia, o cruceiro de Hio, no Morrazo.
A principal curiosidade do cruceiro está sobre a súa base onde se atopan varios figuras que non teñen nada en común co mensaxe relixioso habitualmente ensinado nestas obras. Hai moitas interpretacións, mais a que conta coa maior aceptación vén dicindo que as figuras simbolizan a agricultura, a industria, a xustiza e as artes. Tratando de dar unha visión de progreso ante a entrada no novo século. Tamén hai dúas figuras de significado relixioso, o Salvador e Santiago Peregrino.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://fernandezsendin.blogspot.com/2010/09/el-cruceiro-de-covelo-ejemplar-unico.html
“O Cruceiro de Covelo : Santísimo Cristo dos aflixidos, obra de Xosé Cerviño, exemplar único”. Autor: Maximino Fernández Sendín . Ano de edición: 2003. I.S.B.N.: 84-607-8451-7.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.23196115234321Lonxitude: -8.363245725631714
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





3 comentarios
Oscar Franco says:
Feb 9, 2015
O cruceiro posúe unha inscrición nunha placa de mármore situadadna súa base:
“STO CRISTO DE LOS AFLIGIDOS
COSTEADA POR
D. JUAN ANTONIO TIELAS FONTÁN VECINO QUE FUE DE ESTA
PARROQUIA
SIENDO ABAD DE LA MISMA
D. DOMINGO DIÉGUEZ TÁBOAS.
AÑO DE 1899.
LA VERJA Y CARRETOS DE ESTA OBRA
SE HICIERON POR CUENTA DE LOS VECINOS DE LA MISMA”
E engado a seguinte referencia bibliográfica:
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO, 1998
Oscar Franco says:
Xuñ 27, 2018
Dous artigos da prensa escrita de xuño de 2018 que falan deste interesante cruceiro:
http://grupoescomunicaciongalicia.com/?p=81627
http://xornaldevigo.gal/medio-ambiente-e-patrimonio/5979-atribuen-ao-cruceiro-de-covelo-financiacion-e-simboloxia-masonicas/
Oscar Franco says:
Out 27, 2022
Nos meses de setembro e outubro de 2022 o cruceiro foi obxecto duns traballos de limpeza e conservación. Así o recolle a prensa dixital:
https://www.farodevigo.es/faro-cultura/2022/10/20/123-anos-esplendor-orixinal-77453380.html