Outra fotografía:

Tipo de ben: Conxunto de vivendas (Cascos históricos, barrios, aldeas), Paisaxe histórica/cultural,
Concello: Ancares (comarca) / Pedrafita do Cebreiro
Parroquia: O Cebreiro (Santa María)
Lugar: O Cebreiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

O lugar do Cebreiro sitúase a uns 1.300 metros de altura, na Montaña Oriental galega, entre os Ancares e o Courel. Dende hai séculos esta aldea remota deu repouso ós milleiros de peregrinos que ían ata Santiago, pois trátase da primeira aldea de Galicia vindo do Camiño Francés. Como mostra disto, quédanos o hospital de San Xeraldo, conde de Aurillac, fundado a finais do século IX.

Pero o máis característico desta vila, declarada Conxunto Histórico Nacional, é, sen dúbida, a pervivencia de varias pallozas (6 en concreto), mostra senlleira das casas máis antigas de Galicia. Hai quen di que se conservan tal e como se construían as casas na época anterior á chegada dos romanos, nos tempos castrexos.

As pallozas do Cebreiro son de planta oval ou elíptica e de paredes baixas en pedra do país, nas que se abren pequenas ventás e as portas precisas. Os animais e as persoas convivían no mesmo recinto, con zonas diferenciadas. A palloza vai cuberta por unha característico teito de palla de centeo. A inclinación da cuberta permite reducir o tempo para que a neve esvare polo teito e así evitar que se afunda.

O máis rechamante destas pallozas é que os habitantes do Cebreiro aínda vivían nelas, ata ben entrado o século XX. Hoxe pódese visitar unha delas, convertida en Museo Etnográfico.

O resto de casas tamén son dignas de admirar. Gardaron perfectamente á tipoloxía de construción tradicional da zona, cos seus muros de cachotería e teitos de lousa.

Por último, nomear á igrexa de Santa María do Cebreiro, o templo máis antigo do Camiño e mellor conservado dende as súas orixes no século IX.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: ResidencialEquipamentoHosteleiro
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.70782637455023
Lonxitude: -7.04348087310791
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84