Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Ames
Parroquia: Bugallido (San Pedro)
Lugar: Buceleiras
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

Na publicación do CSIC –INCIPIT, TAPA (Traballos en Arqueoloxía da Paisaxe) nº11 “La arqueología en la gasificación de Galicia nº 8: Corrección de impacto del Gasoducto de transporte Vilalba- Valga”, sinala un petróglifo en Pena da Mira coa denominación YA970217L01. O promontorio rochoso quedou debaixo dunha liña de alta tensión e domina unha ampla vista sobre o Val da Amaía polo lado oeste, e pola banda leste acada ata a cidade de Santiago. Na denominación do xacemento di : “El trazado atravesaba en este punto un penedo de grandes dimensións en cuya cima se localizó durante el seguimiento un petroglifo, por lo que fue planteada una modificación del trazado que sortease la totalidad del penedo”. Tamén se indica que: “Pena da Mira e o Picón (o alto onde se atopa a pena) son respectivamente un petróglifo situado no alto dunha rocha e un túmulo emplazado nun rechán da ladeira sur do monte. Estos xacementos, situados a un centos de metros un do outro, foron descubertos na fase de replanteo das obras do gasoducto, e ambos estaban afectados por el.
Solicitouse a modificación do trazado mediante informe puntual.
O petróglifo atópase orientado cara o sur, moi cerca dunha pía escavada na rocha, preto do cume da pena, e doutras gravuras que non parecen naturais. Ao seu carón alguén cincelou unhas letras en época actual. Consta de dous círculos concéntricos cunha coviña no medio, e outras dúas máis moi cerca desta. O máis grande dos círculos mide uns 40 cm, de diámetro. Toda a pena ten un gran desgaste debido a exposición aos fenómenos atmosféricos, e sobre todo aos incendios dos últimos anos.”. O PXOM de Ames recolle estes dous bens. O petróglifo leva a referencia GA 15002013. A mámoa practicamente desaparecida, noméaa como Mámoa nº 1 do Picón.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA15002013
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://digital.csic.es/bitstream/10261/5773/1/TAPA11.pdf (paxinas 11, 17). Tamén aparece en diferentes táboas do estudio.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/AMES/documents/0023CA005.pdf (páxina 4)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/AMES/documents/0023CA006.pdf (páxina 2)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8504975459
Lonxitude: -8.61090749502
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84