Outra fotografía:

Tipo de ben: Mosteiro/Abadía/Cenobio/Priorado,
Concello: Esgos
Parroquia: San Pedro de Rocas
Lugar: Rocas
Outra denominación do ben: Rocas
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:

Pertence este Mosteiro ao Concello de Esgos, terra de anacoretas e eremitas en épocas pasadas.
Situado a 17 Km. de Ourense pola estrada C-536, chégase ó Mosteiro tomando un desvío á esquerda entre os pobos de O Pinto e Esgos.
A igrexa mosteiral, da que só se conservan os muros, construíuse utilizando como paramento as tres capelas escavadas na rocha; a central, de planta rectangular é ábsida semicircular, vai cuberta con bóveda de medio canón que recibe a luz por medio dun lucernario escavado na rocha; aquí atópase o pé dun altar mozárabe con arquiños de ferradura do s. IX.
Como moitos outros, San Pedro de Rocas basea a súa orixe nunha lenda, pero cun testemuño epigráfico. É a chamada Lápida fundacional conservada actualmente no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, que nos desvela co seu estilo de letra decorativo que estamos ante un monumento altomedieval. Nela podemos ler: HEREDITAS:N EVFRAXI:EVSANI: QVINEDI:EATI:FLAVI: RVVE:ERA.dªCXªI:
A inscrición reflicte uns nomes de persoas, todas elas varóns herdeiros de “algo” en San Pedro de Rocas no ano 573, equivalente á data 611. A pesar de que a lápida chámase fundacional a palabra “hereditas” alude a algo que se recibiu en herdanza e os personaxes que aparecen nomeados na mesma non foron os seus fundadores senón os seus herdeiros.
Estes sete homes que se refuxiaran no lugar para consagrar a súa vida á Deus.
Abandonado no ano 716, non volveu a ter vida cenobítica ata finais do s. IX en que un cabaleiro de nome Xemondo, xunto con outros irmáns, se instala aquí.
O primeiro documento referido a Rocas é de tempos de Afonso V (1007) que aparece unido a Celanova.
Na capela da esquerda consérvase un mapamundi de finais do s. XII que, malia o seu deterioro, trátase dun exemplar excepcional que amosa a dispersión dos apóstolos. Tamén se poden ver os sepulcros antropoides labrados na pedra, destinados a cemiterio dos monxes. A espadana, do século XV, érguese sobre unha enorme peneda. A casa prioral é do s. XVIII. Logo da desamortización convértese en parroquia ata que un incendio no 1928 case o fai desaparecer.
Tomando o camiño que pasa baixo a espadana, atopamos o que foi cemiterio parroquial. Seguindo mais adiante, podemos ver a Pedra do Xigante, citado por Barros Silvelo, como posible pedrafita. Trátase de catro penedas superpostas, que semellan unha figura humana de perfil.
A súa base temos a fonte do San Bieito, milagreira coas verrugas.
(Información: onosopatrimonio.blogspot.com
concelloesgos.com)


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: GA32031001
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://onosopatrimonio.blogspot.com/2011/07/mosteiros-de-galiza.html
http://concelloesgos.com/index.php?id=84
http://www.turgalicia.es/FOTOS/IMAGENES/FLASH/ARQUITECTURARELIGIOSA/vr_17_rocas/index_G.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.342030
Lonxitude: -7.713355
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84