Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Nogueira de Ramuín
Parroquia: Loña do Monte (San Salvador)
Lugar: No monte
Outra denominación do ben: Virxe do Monte
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Capela situada en Loña do Monte, no límite do concello de Nogueira de Ramuín co de Esgos, a uns 930 m de altitude, nun entorno con excepcionais vistas.

Data da segunda mitade do século XVIII, concretamente de 1770, segundo unha inscrición na fachada, pero hai un documento de 1509, citado no libro de Emilio Duro Peña sobre o mosteiro de San Pedro de Rocas, no que xa se fai referencia a esta capela. É posible que houbera unha capela anterior, que quizais estivera noutra zona do monte, concretamente no lugar da Eirexa.

Está consagrada a Sta María, e celébrase unha romaría o 15 de Agosto. Destaca o camarín da santa, construído en pedra, con tres arcos de medio punto.

Ao seu carón pasaron varios camiños, moi importantes na sua época, como o que unía o Castelo Litoria con Astorga, xa na época dos romanos.
(Información:riberasagrada.blogspot.com)


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Segundo a tradición, a imaxe da Virxe, foi atopada por un veciño de Xaravedra rozando unha poula.

Cando foron a facer a capela, non se puñan de acordo Xaravedra e Loña, polo que decidiron por a Santa enriba dun carro de vacas, e onde estas decidiran parar, alí se faría.

Polo visto gañaron os de Loña.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/NOGUEIRADERAMUIN/documents/0453CA003.pdf
http://riberasagrada.blogspot.com/2009/11/la-ermita-de-la-virgen-del-monte.html
http://riberasagrada.blogspot.com/2009/12/el-camino-real-la-virgen-del-monte.html
http://riberasagrada.blogspot.com/2009/12/el-castillo-de-litoria-y-la-vereda.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.3594952701
Lonxitude: -7.66904711723
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84